#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 457

O verán remata, as ligas comezan, pero os equipos continúan perfilando os seus cadros de xogadores. Na fin de semana na que bota a andar a Terceira Futgal masculina e a Segunda Divsión Galega feminina repasamos os últimos movementos de mercado.

Na Preferente, se nada cambia, Diego Torres volverá ao Lemos. O xogador monfortino que saíu do club en xaneiro regresaría á casa. Neste tempo formou parte do Chantada Atlético, club co que iniciou a competición na Primeira Futgal.

Tamén na Preferente chegou nas últimas horas outra nova destacada. Migui Rivas ficha no Ribadeo. O xogador de Riotorto deixou a estrutura do Racing Villalbés. Despois da rumoroloxía do verán, Rivas fixo a pretemporada co primeiro equipo e comezou xogando co filial. Participou nos dous partidos de liga en Primeira Futgal. Agora no seu primeiro ano de sénior porase ás ordes de Ramón Labrada.



Precisamente, o Chantada Atlético reforzaríase con outro ex lemista. Se nada se torce, Brais Meco convertirase en novo membro do cadro de xogadores de Edu Rodríguez. O futbolista de Petín estaba no Rúa que o curso pasado descendeu á Segunda ourensá. Meco pasou polo Calasancio, o Barco e o Club Lemos.

Na Segunda Futgal, salientamos as incorporacións do Riotorto que non aparecían reflectidas na VI Guía ‘Fúbtol en Lugo’. O cadro da Veiga foiconformando aos poucos e a última hora o conxunto. Con todo xa desmostraron na primeira xornada do que son capaces.

Ilian tamén estará na portería (que xa militou en cursos anteriores), ademais dos futbolistas de campo Iván Pérez ‘Panchito’ (chega dende o Meira), Reda Lahmani (procedente do Racing Villalbés B), Mujiib (cuxo último equipo foi o Sporting Lucense) e Saad (do Vilarmaior CF da 2ª Futgal de Ferrol).



No grupo sur, o Páramo suma efectivos. Adri Vázquez é a sétima fichaxe do curso. O futbolista xa debutou na estrea do equipo na liga con vitoria diante do Club Lemos.

O Catro Roldas acode ao mercado

Na Terceira Futgal, o Catro Roldas incorporou catro xogadores máis ao bloque de 16 publicado na Guía. Chegan Nunes (dos xuvenís do Racing Villalbés), Cristian Prado (cuxo último equipo tamén fora o Racing Villalbés), ademais de Rafa Sousa e Alejandro Grande.



Foto de portada: Mariluz Fagín

Diario dun mercado. Episodio 457

Día de derbi na Medela

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *