#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Destacados Primeira. Xornada 6

*Friol-Monterroso: Un Monterroso plagado de baixas cedeu ante unha boa versión do Friol. Pasada a media hora de xogo, os de Jon Vázquez encarrilaron o encontro con dous goles. Dabouza recurtou diferenzas antes do descanso. Na reanudación, o Friol tivo ocasións para sentenciar pero non o fixo ata moi preto do remate. Brais aproveitou un rexeite dun saque de esquina para tumbar a un Monterroso que o tentou sen inquedar demasiado. Rubén debutou coma titular na meta dos de Roberto Rielo.

*Chantada Atlético-Pol: Primeira victoria para os do Sangoñedo, que volveron xogar no Saviñao. O cadro de Fran Regal mostrouse superior na primeira metade. Fixo moito perigo polas bandas e os goles chegaron como consecuencia. Antes do descanso, Carlitos recurtou diferenzas e o Pol meteuse de novo no encontro. Os de Abad adiantaron liñas na reanudación. Iso sí, o Chantada Atlético conseguiu o terceiro nunha boa xogada combinativa. A partir de aí, os visitantes xeraron perigo a base de balóns en longo. O cadro do Manuel Luna puido empatar en dúas ocasións. Tamén rematar goleado ao contragolpe.

*Riotorto-Páramo: Victoria pola mínima dos de Labrada nun encontro cunha arbitraxe discutida e condicionado pola expulsión de Corbelle na primeira metade. Pablo Ruíz adiantou ao Riotorto dende os once metros e os locais puxeron terra de por medio no inicio da reanudación. O Páramo lanzouse a polo empate e os vermellos perdonaron a sentencia ao contragolpe. No tramo final, Robertito marcou tamén de penalti e o Páramo apretou para puntuar en inferioridade. Tocoulle sufrir ao Riotorto, que deixou os puntos na casa.

*Outeiro de Rei-Pontenova: O conxunto de Andrés Bouza conseguiu levar o encontro a onde quería na primeira metade e soubo sufrir na segunda. O Outeiro dominou e desperdiciou boas ocasións, especialmente na reanudación. Unha contra de Matelo decidiu a contenda. Funcionou o plantexamento dos da Mina, que conqueriron o primeiro e ansiado triunfo da temporada.



*Pastoricense-San Ciprián: O Pastoricense mostrou dúas das súas armas máis potentes. Aproveitou un erro defensivo para o primeiro gol e volveu tirar de ‘libreto’ a balón parado para facer o segundo. Borja Mella recurtou diferenzas tralo descanso. Iso sí, o marcador non se moveu máis. O ímpetu do San Ciprián atopouse coa firmeza defensiva dos de Fran Veiga.

*Burela-Santaballés: Boa posta en escena do Burela, que conseguiu igualar o Santaballés co paso dos minutos. Unha ‘delicatessen’ de Novás, con doble regate e disparo cruzado, marcou as diferenzas antes do descanso. Na segunda metade os de Jaime arriscaron e deixaron numerosos espazos ao cadro chairego, que dispuxo de varias ocasións para sentenciar. Cristian empatou cun golazo no mellor momento visitante. Os mariñáns estrelaron acto seguido un balón no longueiro pero a victoria foi para A Liga. Álex Novás pechou o seu doblete cun tanto desde o punto de penalti.

*Taboada-Atlético Escairón: Igualdade na primeira metade, que rompeu Guerreiro cun remate a un centro na súa primeira titularidade. Despois do gol, o Atlético Escairón asumiu a iniciativa e Hamir fallou a placer ante un Taboada que se vía obrigado a realizar un cambio pola lesión de J. Potente. O centrocampismo e a tensión predominaron na segunda metade, na que os do Saviñao apretaron. Pero nunca chegou o empate. Isma resolvou ben as ocasións de Hamir e Pollo.



*Xove Lago-Residencia: A superioridade mariñana na primeira metade non se reflectiu no marcador, xa que ao descanso o resultado era de empate: 1-1. Juanjo Coello marcou ao comezo da segunda metade. Tras este tanto, a Residencia encerrou ao Xove Lago nos últimos vinte minutos sen sorte algunha. A falla de puntería e o bo facer de Saúl aseguraron a primeira victoria dos de Miguel Sancosmed nesta temporada.

*Lemos-Chantada: O duelo de clásicos na Pinguela rematou cunha nova victoria para os Lemos. Os de Edu Rodríguez encarrilaron o encontro nunha magnífica primeira metade, na que se mostraron moi superiores ao seu rival. Os dous goles chegaron antes do descanso. No segundo acto, o Chantada tentouno de tódalas maneiras posibles. Aínda así, os monfortinos fixeron gala unha semana máis da súa solidez e conservaron o resultado sen maiores problemas.

[themoneytizer id=»15360-4″]

[themoneytizer id=»15360-16″]

Destacados Primeira. Xornada 6

As nosas redes falan

Destacados Primeira. Xornada 6

Galería de imaxes: Muimenta 2-0 SCD Milagrosa

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *