*Friol-Riotorto: Os de Jon Vázquez recuperaron efectivos e a súa mellor versión para firmar unha vitoria para a tranquilidade. Dani Roca abriu a lata e o Riotorto comezou a crecer co partido. No mellor momento dos visitantes, chegou o segundo tanto do Friol. Marcou Rafa Casanova, que logo se retirou por molestias físicas. Os de Labrada apretaron na reanudación, xerando moito perigo no xogo directo e co balón parado de Lourido. Os visitantes recurtaron distancias xa no desconto. Porén, acto seguido, Dani Roca pechou o seu doblete e evitou outro final de infarto na Reigosa.
*Páramo-Sporting Pontenova: Malia ao triunfo, o conxunto das Rapadas ten moi complicado evitalo descenso a Segunda Autonómica. Foi superior na primeira metade aínda que tivo que remontar o gol inicial dun frouxo Sporting Pontenova. Os de Andrés Bouza reaccionaron tralo descanso e metéronse de cheo no encontro. No entanto, un gol de penalti de Robertito, o do seu doblete; matou ao colista. Dende aí, o ritmo baixou e Palle culminou a goleada. O dianteiro Coedo actuou de porteiro no equipo de Fontal.
*Chantada-Pol: O cadro de Abad adiantouse por dúas veces na primeira metade. Ambos goles chegaron de sendos saques dende o curruncho. Na reanudación, o Chantada igualou moi pronto. Dende ese momento, os de Juan Rodríguez fixéronse co mando do encontro. Desperdiciaron múltiples ocasións, reclamaron un penalti… E Xende deixou os tres puntos na casa cun tanto no minuto 93. Suspense ata o remate pero os do Sangoñedo seguen vivos na pelexa polo ascenso.
*Burela-Pastoricense: Cómodo triunfo do Burela na Marosa. O Pastoricense non logrou aproveitar o aire a favor na primeira metade. De feito, ata se foi en desvantaxe ao descanso. O equipo de Jaime Méndez atopou premio nunha transición rápida. Melloraron as súas prestacións os visitantes na segunda metade. Aínda así, os mariñáns mostráronse moi serios. E conqueriron dous tantos máis. Non exentos de polémica. Especialmente no segundo gol local. Cando o linier creou confusión nas filas do Pastoricense co seu banderín.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
*Lemos-Taboada: Encontro con pouco ritmo que se decidiu no tramo final. O campión non puido co Taboada en ningún dos dous partidos ligueiros. Fabio adiantou aos de Martín Murado ao comezo. O Lemos reaccionou e firmou a igualada antes do descanso. Na segunda metade, os monfortinos quedaron cun xogador menos e os da Medela mostráronse superiores. O Taboada fallou un penalti pero Gabri conseguiu un gol que valeu os tres puntos.
*Xove Lago-Chantada Atlético: O conxunto de José Manuel segue sen pechar a permanencia ante un Chantada Atlético nunha dinámica moi positiva. Juanjo Coello adiantou ao Xove aos cinco minutos de xogo cun auténtico golazo. Fíxose o amo e señor da área para mandar a pelotiña á mesma escadra. Non matou o encontro o cadro mariñán ante un ordenado rival. Na segunda metade, o equipo de Fran García fixo dano nas transicións ante un Xove que perdeu enteiros na medular. Iago, que volvía de lesión, igualou o choque cun soberbio testarazo a un saque dende o curruncho. Anthony lesionouse por mor dunha dura entrada dun adversario. O Chantada Atlético permanece mirando de reollo un posible arrastre do Foz.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
*Residencia-San Ciprián: Auténtico monólogo da Residencia, que pode firmar o seu regreso á Preferente esta mesma fin de semana. Só necesita tres puntos máis. Os de Álvaro Meilán cumpliron os pronósticos e superaron sen maiores atrancos a un San Ciprián con pé e medio na Segunda Galicia. Os de Lekumberri presentáronse na Cheda sen ningún defensa puro e marcharon cunha desvantaxe de 2-0 ao descanso. O cadro branquiazul sentenciou tralo paso pola zona de vestiarios. Os mariñáns poden certificar amtemáticamente o seu descenso de categoría esta próxima xornada.
*Monterroso-Atlético Escairón: Permanencia matemática para un Monterroso cuns números espectaculares dende a chegada de Román ao seu banquiño. Dos cinco goles do partido, catro chegaron dende os once metros. Un competitivo Atlético Escairón adiantouse por dúas veces nunha primeira metade na que Lorenzo sempre igualou de novo dende o punto de penalti. Na reanudación, Crespo e Barrio melloraron as prestacións dos locais. E gol do triunfo chegou noutra pena máxima, como non. Obra de Lorenzo, que asinou un hat trick.
*Santaballés-Outeiro de Rei: Triunfo local nun desconto decisivo. O cadro de Dani Moirón realizou unha gran posta en escena. Perdonou ata dous tantos nos primeiros compases. Co paso dos minutos o Outeiro de Rei creceu e meteu en serios apretos ao Santaballés. Iso sí, o gol non chegou ata o inicio da segunda metade. Obra de Diego Seijas. Os de Cholas puideron sentenciar. Non foron quen e os chairegos remontaron en tempo de desconto. Álex Novás empatou nun saque de esquina e Alberto López deixou os tres puntos na Liga na última xogada. Entre gol e gol do Santaballés, o Outeiro desperdiciou un man a man.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2019/05/Presentación1-1-2-2.png)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2019/05/Presentación1-1-2.png)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2019/05/Presentación1-1-2-1.png)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)