*Bóveda-Lemos: Grandísima entrada no Hermanos Somoza. O cadro de Cabanelas, intenso, perdonou nunha primeira metade igualada. Brais adiantou aos de Edu antes do descanso. Na reanudación, un Lemos superior sentenciou. Agora, xógase as súas opcións de ascenso a unha soa carta ante o Foz.
*Taboada-Páramo: O conxunto de Fontal mereceu máis nun primeiro tempo de poder a poder. Fallou tres claras e regaloulle unha mínima vantaxe ao rival. O Taboada desatouse nos segundos corenta e cinco minutos para atar a permanencia ao grande. O segundo tanto dos homes de Martín Murado chegou na contra dunha xogada na que o Páramo reclamou penalti.
*Xermade-San Ciprián: Un gol en propia meta facilitou a tarea do San Ciprián. Os visitantes aumentaron as diferenzas nunha xogada dubidosa. Os de Tomás Costa estiveron moi cómodos en todo momento, agás o cuarto de hora final. Aí, o Xermade apretou e fixo o tanto da honra.
*Pontenova-Sarriana: Gran primeira metade da escadra de Dani Moirón. Tralo descanso, chegaron os goles. A Sarriana, mellor na reanudación, tivo que remontar. Iso sí, os dous últimos tantos caeron no tempo de desconto. Victoria sufrida e sobre a hora dos de Julio Corral que poden ascender esta semana. Se gañan e o Foz fai o propio, convertiranse en conxunto de Preferente.
*Xove Lago-Monterroso: O cadro de Miguel Sancosmed adiantouse nunha primeira metade de escasa intensidade. Dabouza errou un man a man para os de Adrián Vázquez e o Xove Lago fixo o segundo en posición dubidosa. O Monterroso reaccionou e viu como o colexiado lle anulaba o empate por suposto fóra de xogo. Unha parte para cada equipo e os tres puntos para os verdes.
*San Roque-Valadouro: Os de Julio Castro sacaron petroleo dun penalti e a piques estiveron de asaltar Montirón. O San Roque tivo que esperar ao tempo de desconto para levar un merecido punto. Unha pequena alegría in extremis para despedir a David, que marcha a Australia.
*Pastoricense-Riotorto: Un penalti transformado por Farra deixou os tres puntos no Acebreiro. O Pastoricense desperdiciou ata tres oportunidades moi claras ante un Riotorto descoñecido, que apenas xerou perigo. O máis destacado, un intento de Pablo Ruiz.
*Foz-Ferreira: O cadro de Gayol trasladouse ao Municipal con quince minutos de retraso. O que se tardou en ir buscar os banderíns dos asistentes ao Martínez Otero. No relativo ao xogo, clara superioridade dun Foz que puido lograr unha goleada maior. O meta Iván realizou soberbias intervencións. Se os branquivermellos gañan este domingo na Pinguela, serán equipo de Preferente.
*Chantada-Santaballés: O cadro do Sangoñedo iniciou as hostilidades sen sorte. Un doblete de Dani poñía as cousas de cara para o Santaballés ao descanso. O Chantada mellorou as súas prestacións e púxose a un gol no tramo final. Xusto no saque de centro posterior, os chairegos mataron o partido. Sergio, xogador do filial, debutou coma titular co primeiro equipo do Chantada.