#Fútbol afeccionado #Entrevistas #Segunda Futgal

Dani Roca (Friol): «Aínda non mo creo: tres goles en cinco minutos»

Dani Roca foi un dos protagonistas da pasada fin de semana copeira. Seu foi o primeiro dos tres goles que o Friol marcou no tempo de prolongación ante o Oural. Os de Javi Pájaro perdían por 0-2 no minuto 90. Porén cinco minutos máxicos na Reigosa, agasalláronnos cunha das mellores remontas que se recordan pola provincia luguesa.

Por iso, quixemos falar esta semana co coñecido atacante do Friol nos micrófonos de Radio Lugo Cadena Ser. O noso redactor Diego Díaz e o presentador da Cadena Ser Alex Gato, exerceron de mestres de cerimonias.

Pódese escoitar a nosa participación íntegra aquí (ademais, analizamos as citas sobranceiras da fin de semana no fútbol feminino, a Segunda e Terceira RFEF e a Preferente como cada xoves).

Nas próximas liñas resumimos todo o que conversamos con Dani Roca. Desde esa espectacular remonta copeira ata as aspiracións ligueiras do seu equipo, pasando por diferentes sensacións individuais no xogo.



Crónica dunha incrible remonta. «A verdade é que aínda non mo creo. Foron tres goles en cinco minutos. A segunda parte fomos dominados. De súpeto, atopamos cun gol e unha expulsión. Empatamos e cando xa asinabamos os penaltis: 3-2. Foi espectacular, hai un vídeo por aí que non vale nin para ensinar. O presidente sale un pouco eufórico de máis».

Crecemento a nivel defensivo? «Este ano melloramos en defensa. Está podendo xogar máis Brais, que é capital na defensa. Aínda así, recibimos bastantes goles. Logo é difícil remontar o marcador adverso, os rivais encérranse máis e complícase o partido».

O Friol posando para a última Guía Futbolinlugo

‘Tirar’ a Copa ou loitala ata o final? «Temos ilusión polas dúas competicións. A Liga marca a tempada. A Copa, sobre todo cando chegas a roldas finais, é moi emocionante».



Obxectivo do equipo na Liga? «O obxectivo é estar aí ata o final. Agora o primeiro posto complicouse e temos tres semanas decisivas por diante. No caso de non ser primeiros, intentar ascender no play off».

O cambio de Segunda a Primeira. «Si que hai cambio. Na Primeira hai xogadores experimentados e adéstrase máis. Pero en Segunda, os equipos de arriba son difíciles de gañar».

Dani Roca (Friol): «Aínda non mo creo: tres goles en cinco minutos»

A presenza residual do fútbol lucense na

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *