#Fútbol afeccionado #Fútbol Base

Chega o momento dos gardamallas en Monforte de Lemos

 
O ano pasado tiña lugar en Monforte de Lemos a I Batalla de Porteiros «Iván López», unha iniciativa moi popular nos últimos tempos e que sempre conta cunha gran acollida por parte dos amantes do fútbol. Porén, o sur da provincia non contaba con ningunha versión deste «minixogo», polo que, no 2019, o gardamallas do Club Lemos Iván López organizou este interesante evento.

Tralo éxito desa primeira edición, o porteiro -tamén adestrador na base do CP Calasancio- prepara xa un novo certame baixo o mesmo nome, a II Batalla de Porteiros «Iván López», que terá lugar os vindeiros 26 e 27 de decembro no mesmo escenario que fai un ano, as instalacións deportivas Álex Blanco, na vila do Cabe.

Falamos co organizador desta divertida competición para que nos conte máis sobre ela!!

Futbolinlugo: Que son exactamente as batallas de porteiros?



Iván López: Colócanse dúas porterías enfrontadas entre si (con distintas distancias en función da categoría). Son dous minutos a tempo corrido con tiros constantes. Se o balón sale fóra, haberá recollepelotas para dar rápido outro coiro. Se o rexeite vai ao campo do rival, ese rival terá dereito a tirar outra vez, mentres que se o rexeite queda no campo propio, o xogador debe coller o balón e volver á zona de tiro para golpear. Nese caso dispóñese de cinco segundos para tirar, co obxectivo de limitar as perdas de tempo.

FIL: Como é o formato de competición?



IL: Primeiro unha fase de grupos. Que máis goles teña marcado ao término dos dous minutos gaña 3 puntos, e non hai empates. No caso de rematar empatados, procedese a unha tanda de penaltis para determinar ao vencedor. Clasificarán dous ou tres participantes en función do número de apuntados. Se se pode haberá octavos-cuartos-semifinal e final.

FIL: Con cantas categorías conta o torneo?

IL: Catro de fútbol base e unha sénior. Este ano a novidade é a incorporación da categoría sénior, que o ano pasado non houbo. Moita xente pediu que se engadise, e de feito xa teño 13 inscritos.

FIL: Hai premios para os vencedores?

IL: Haberá medallas e unha camiseta do torneo para todo o mundo. Para os ganadores, haberá premios «especiais»: luvas e camisetas de porteiros profesionais e semi-profesionais. Por exemplo, temos luvas e camiseta de Sergio Álvarez, luvas de Roberto Fernández, luvas e camisetas de Varo (gardamallas do Lugo), a camiseta do porteiro do Alcorcón (hai que saber moverse!), camiseta do Depor… ao final estes obsequios son os que fan ilusión aos nenos. Na categoría sénior o premio é monetario.

FIL: Tamén contades con protocolo Covid.

IL: Si, os nenos teñen moitas ganas de competir dunha forma ou outra, así que me informei ben, falei co concello, con seguros… e tomando todas as medidas de seguridade necesarias é posible. Teñen que firmar unha declaración xurada, pero non hai problema: máscara posta en todo momento agás para competir -hai distancia de seguridade máis que suficiente-; terán que deixar as súas pertenzas e a máscara nunha caixa ao carón da portería, que despois será desinfectada…

FIL: Como se pode realizar a inscripción?

IL: Teñen que contactar co teléfono que aparece no cartel (652 235 624). A ese número enviar: nome completo, categoría (e especificar ano no caso de fútbol base), data de nacimiento, DNI e talla da camiseta. O plazo pecha o día 17 de decembro.

FIL: Que destacarías da primeira edición?

IL: Os golazos e paradones, así como  todos os pestos de deportividade que houbo. Risas, bo rollo… foi algo que nunca houbo aquí en Monforte e todo saíu moi ben a pesar do frío que fixera!

FIL: E que esperas desta nova edición?

IL: Como mínimo, que sexa igual que a anterior. Que se tomen todas as medidas que son necesarias e que os nenos disfruten tanto como o ano pasado, porque ao final ese é o obxectivo, esto está feito por e para os pequenos.

Agardamos que esta II Batalla de Porteiros teña, cando menos, a mesma repercursión que a primeira edición. Ao mesmo tempo, animamosvos a todos a apuntarvos, porque seguro que pasades un moi bo rato! Achegamos aquí a imaxe do cartel.

Chega o momento dos gardamallas en Monforte de Lemos

O partido da xornada . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *