#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

Catro Roldas e Quiroga achéganse á primeira praza

A oitava xornada na Terceira Galicia deixa a clasificación máis igualada do que xa estaba. No grupo norte, o Catro Roldas aproveitou a xornada de descanso do Racing Vilalbés B para achegarse ao primeiro posto. O Abadín e o Celeiro, no seu mellor momento da temporada, voltaron a acadar os tres puntos. No grupo sur o líder Rubián non pasou do empate co Bóveda, mentres que o Quiroga xa é segundo logo de vencer ao Castroverde.

grupo norte

O Catro Roldas goleou no campo do Matela e achégase ao liderado (1-4). No primeiro tempo os dous goles de Samu puxeron terra de por medio no marcador. Moha tivo unha gran ocasión para ampliar diferencias, pero o Matela tamén chegou con perigo, aínda que sen acerto. Na segunda metade Moha, de penalti, sentenciou o encontro cando o cadro local xa estaba cun home menos por expulsión de Lamela. Forlín anotou o cuarto, mentres que Maikel recurtou diferencias de penalti.

Nuevo Nausti e Mondoñedo igualan nun encontro con oito goles (4-4). Encontro de ida e volta continua, no que os erros defensivos foron claves para un resultado tan abultado. Comezou de cara o choque para o conxunto local, no que debutou no banquiño Diego. Bryan e Juan puxeron en clara vantaxe aos chairegos, pero o Mondoñedo foi quen de igualar antes do intermedio con goles do veterán Miguel e de Vázquez. No segundo tempo un penalti para cada equipo. Juan anotou para o Nausti e Javi Álvarez para o Mondoñedo. Rivas deulle a volta ao marcador no que foron os mellores minutos dos de Isra, que tiveron ocasións para sentenciar, pero Cristian logrou a igualada.

O Rioaveso golea ao Cazás nunha boa segunda metade (0-3). A primeira parte resultou igualada e rematou sen ocasións claras para ningún dos dous conxuntos. Na segunda parte abriuse o encontro e o Rioaveso foi superior. Álex Veiga abriu o marcador cun bo gol pola escadra e Jose, á contra, fixo o segundo. Fran sentenciou xa co tempo cumprido.



Tres goles en cinco minutos para o triunfo do Abadín fronte á Comercial B (3-0). Primeira metade moi disputada, na que o cadro local dispuxo de varias ocasións para marcar que non foi quen de aproveitar. A Comercial B medrou co paso dos minutos e rematou a primeira metade con opcións claras de gol. Na reanudación o Abadín foi superior, pero o gol non chegou ata o minuto 63 ao convertir Gayoso un penalti. Seco dous minutos máis tarde e Chechu tres despois sentenciaron o encontro. Puido recurtar o cadro visitante nun man a man que sacou ben Hulk.

O Celeiro gaña no campo do Friol B e suma o segundo triunfo consecutivo (1-3). Comezaron moi ben os de Martín Rodríguez. Nun saque desde o curruncho Dorado, en propia porta, marcou para o Celeiro. Mora errou dous man a man co porteiro local, que puideron deixar o partido encarrilado para os mariñáns. O filial do Friol mellorou co paso dos minutos e foi quen de empatar por medio de Rubén e mesmo estrelou un balón no pao. Na segunda metade o Celeiro voltou a saír de vestiarios serio e ben situado no terreo de xogo. Mora á terceira non perdoou e puxo por diante aos mariñáns. Preto do final, a balón parado, Payu fixo o terceiro.

Nunha xornada sen actuacións salientables dos gardametas, aproveitamos para destacar os menos goleados a estas alturas de campionato, sen contar a Pedro, do Racing Vilalbés B, que descansou nesta xornada.

grupo sur

O Rubián cede un empate fronte ao Bóveda nunha mala segunda metade (1-1). No primeiro acto o conxunto local foi superior e cumprido o primeiro cuarto de hora nun córner Víctor fixo o tanto do Rubián. O Bóveda mellorou co paso dos minutos e igualou o encontro na segunda metade por medio de Laye. O Rubián baixou o ritmo e a intensidade e o Bóveda aproveitouno para arrincar os primeiros puntos da temporada do Poste.



O Quiroga vence ao Castroverde e rabúñalle a segunda praza (2-0). Encontro moi serio do cadro local, que foi superior na primeira metade impedindo o fútbol combinativo do Castroverde. Malia contar con ocasións ao descanso chegouse sen goles. Os de Fran Veiga comezaron mellor a segunda parte, pero foi o Quiroga quen soubo aproveitar as súas ocasións e Jose abriu a lata no minuto 65. Co céspede en peores condicións chegaron os nervios e o Castroverde tivo ocasións para acadar o empate. Este non chegou e o xuvenil David, que facía o debut co primeiro equipo, marcou o tanto da tranquilidade para o Quiroga.

O Incio igualou co ‘rei do empate’ o Monterroso B, e perde a ocasión de ser líder (2-2). Sexto empate en oito encontros para o filial monterrosino. Comezou mandando o Incio cun tanto de Pedro á saída dun córner. As xogadas de estratexia están a ser claves para os de Julio Corral neste comezo ligueiro. Yoni non tardou en igualar e Darwin, en acción indivual voltou poñer por diante ao cadro local. A segunda metade resultou igualada, pero pouco a pouco o Monterroso B ía gañando espazo e xerando ocasións de gol. A falta de trece minutos para o final, de novo Yoni marca ao aproveitar un rexeite do porteiro.

O Palas aproveita a superioridade física para vencer ao Relámpago Taboada (1-5). Brais Vázquez revolucionou a alineación para medirse ao pechacancelas e o Palas só foi quen de perforar a portería visitante por medio de Javi antes de cumprirse a media hora de xogo. O Relámpago igualou o encontro antes do intermedio e tivo momentos de moi bo fútbol, pero na segunda metade o baixón físico castigounos e o Palas foi quen de anotar dous goles en cinco minutos que deixaron o encontro visto pra sentencia e nos últimos intres chegaron dous novos tantos para pechar a goleada.

O Santa Comba engánchase á zona alta tras vencer ao Taboada B (3-1). Boa primeira metade do conxunto adestrado por Ángel Merino que sacou partido das xogadas de estratexia con dous goles a balón parado moi preto do descanso, obra de Leandro e Jaime. Na segunda metade o filial do Taboada estirou liñas e gozou dalgunha ocasión para recurtar diferencias, sobre todo unha vez o cadro local quedou con dez pola expulsión de Jorge. A falta de quince minutos para o final un golazo de Pampín puxo emoción no resultado. O Santa Comba saiu moi ben á contra e Roi, con outro bo tanto sentenciou para o cadro local.

O Páramo volve gañar e supera ao Sober na clasificación (2-0). Os de Ibán Lagoa víronse de novo penalizados por un mal primeiro tempo, o que ven sendo a tónica ao longo desta campaña. Antón e Bolo lograron os tantos dun Páramo que foi superior no primeiro acto. Na reanudación o Sober competiu mellor e tivo ocasións para recurtar diferencias, aínda que sen puntería.



Catro Roldas e Quiroga achéganse á primeira praza

Un ‘alemán’ guía ao Folgueiro e o

Catro Roldas e Quiroga achéganse á primeira praza

A Porra de Futbolinlugo, 11

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *