#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Carlos Cora, destino en Ferrol e goles no Valadouro

 

A pasada campaña, Carlos Cora foi un dos grandes artífices do gran ano do Valadouro en Primeira Autonómica. Os seus goles mantiveron o equipo nos postos de privilexio e en algunhas etapas da temporada con podibilidades de loitar polo ascenso.

Agora a súa vida profesional está vinculada ás Forzas Armadas. O seu destino na Marina en Ferrol abriulle as portas de novo do fútbol no Val do Ouro. E como non, o clube acolleuno cos brazos abertos e será unha peza clave na agardada escalada de postos na clasificación dos de Julio César Castro.

 



FUTBOLINLUGO: Moi boas Carlos. Como surxiu a posibilidade volver a formar parte do A.C.D. Valadouro?

CORA: Ola. Ao final da temporada pasada tardei en renovar, xa que, estaba á espera do meu destino na Marina. Cando souben que era Ferrol, decidín renovar no Valadouro de novo, xa que estiven moi contento alí.

FIL: Imaxino que xa terías ganas de comezar a xogar?



COR: Si, pero non puiden facelo ata agora porque non podía correr o risco de lesionarme antes da xura de bandeira. Comecei a xornada anterior no Páramo e esta xa debutei na casa.

Cora, o día da xura de bandeira

FIL: O debut no Árbol non puido ser mellor, doblete e triunfo contra o Taboada.

COR: Unha victoria moi importante. Facíanos falta porque non empezamos moi ben a temporada en canto a resultados, pero xa falábamos co míster que tiñamos que estar tranquilos, creábamos ocasións e o xogo non era malo. No Páramo deixamos a portería a cero e tiramos dous balóns ao pao. Mantendo esta liña gañaremos partidos seguro.

FIL: O obxectivo do equipo esta temporada volve a ser pelexar cos equipos de arriba?

COR: Agardamos quedar na zona alta, pero non loitar polo ascenso. Se finalizamos entre os oito primeiros estaría ben.



FIL: Carlos Cora – Felipe Varela. Unha das duplas atacantes de máis nivel da categoría.

COR: Bueno…hai dianteiros moi bos en Primeira Autonómica. É cuestión de preferencias pra os afeccionados. Manolo no Foz e Juanjo no Xove son dianteiros moi potentes que rematarán a temporada con moitos goles.

Equipo titular do Valadouro no día do debut de Cora no Árbol

FIL: Como viveirense, como ves esta temporada ó Viveiro? Parece un ano complicado na zona baixa de Preferente.

COR: Sigo o Viveiro, pero só en canto a resultados porque non teño tempo de ver os seus partidos. Gustaríame que non pasara apuros e poidera quedar en Preferente.

FIL: Esto foi todo. Sorte e moitas gracias.

COR: Gracias a vós

Carlos Cora, destino en Ferrol e goles no Valadouro

Qué ver esta fin de semana? (18-19

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *