Só catro equipos acadan o pleno ao seis

Con dúas xornadas disputadas na Terceira Futgal, son só catro equipos os que suman os seis puntos en xogo. No grupo norte, o Catro Roldas é líder en solitario tras vencer no campo do Cazás, co permiso dun Mondoñedo que non disputou o Derbi do Fiouco fronte ao Abadín por unha boa causa. O sábado […]

A esférica volve a rodar para os equipos de Terceira Futgal

O PM Friol firma unhas xustas táboas Pese ás ocasións que ambos equipos tiveron, en momentos e grazas a estilos de xogo moi distintos, o luminoso non se moveu no encontro entre o Tomiño e o PM Friol. Pese a que as amarelas tiveron numerosas ocasións claras para anotar, especialmente nas botas dunha habitual do […]

Espectacular xornada nos Máxicos

Os Máxicos Salvatierra Abogados continúan loitando na Primeira Futgal logo dunha espectacular xornada. O Brollón vence diante do Monterrey (2-0). Logo de media hora de tanteo na que ambos conxuntos se repartiron o dominio e na que Isma fixo un gran gol desde tres cuartos, Guiti fixo o 2-0 e o Brollón tivo maior protagonismo […]

A Sarriana celebra un dos seus goles

A Sarriana convértese en David contra Goliat

A Sarriana, o Rácing Villalbés e o Burela foron os grandes triunfadores da xornada na Segunda e Terceira RFEF e na Preferente con vitorias de gran valor histórico, de xeira e de garra respectivamente. A xornada tivo dous finais agrios para Lemos e Pol, que o desconto lles privou de sumar os tres puntos, e […]

Vérez, do Rácing Villalbés

David Vérez (Racing Villalbés): «É moi gratificante recibir tanto cariño»

O Rácing Villalbés venceu ao Noia na pasada xornada da Terceira RFEF, pero o resultado non foi a única vitoria do encontro. De feito, foi a menos valiosa por moito que fose a primeira da tempada. Tras 539 días desde a súa última aparición nos terreos de xogo, David Vérez, un dos capitáns do conxunto […]

A Sarriana recibe ao histórico Numancia

Existen días marcados en vermello no calendario e o deste domingo é un deles. A Ribela vestirase de gala para un dos días máis agardados dunha temporada xa de por si histórica para a Sarriana. O domingo ás 17 da tarde o conxunto lucese recibirá no seu feudo ao Numancia de Soria, o gran favorito […]

Mondoñedo e Corgo comezan goleando na Terceira Futgal

Chega o primeiro Tres en Raia En Boas Mans da temporada nunha Terceira Futgal que promete ser máis parella e apaixoante ca nunca. O Mondoñedo comeza liderando o grupo norte logo de golear ao Muimenta, outro dos candidatos ao ascenso. O Cazás venceu no derbi xermadino no campo do Roupar, mentres que Rioaveso, Comercial e […]

Roi, autor máis salvador dos 9 dobretes da xornada

Roi Rivera, xogador do Guitiriz anotou dous goles de suma importancia para o seu equipo. Roi marcou os dous no tramo final do encontro cando o Guitiriz perdía 3-1 co Casás. Roi foi un dos nove futbolistas que fixeron dobretes na 3ª xornada de liga da Segunda.  Na pasada fin de semana tamén marcaron dous […]

Nova goleada dunha Milagrosa líder

Empate que sabe a pouco na Reigosa O PM Friol recibiu na cada ao Victoria CF nesta segunda xornada de Terceira RFEF, a primeira como local para o conxunto amarelo. Malia que as friolesas foron as claras dominadoras do partido, a falta de ocasións a favor e a efectividade (con bastante sorte) do Victoria CF, […]

SD Chantada e Outeiro son os únicos locais que gañan

Na nova semana, os Máxicos Salvatierra Abogados competiron coa máxima intensidade para sacar un resultado bo para o seu equipo. O Chantada Atlético saca un punto do Martínez Otero (1-1). Os locais dominaron o xogo posicional, mentres que os do Sangoñedo inquedaban a meta mariñá con balóns parados e transicións rápidas. Na primeira metade, un […]

A Sarriana logra unha das vitorias da xornada

Dani marca o ritmo nunha xornada moi positiva para o fútbol lucense

O fútbol lucense fixo unha gran xornada esta fin de semana con resultados positivos para a maior parte dos equipos. O principal foi o derbi na preferente entre Pol e Burela que serviu para que os de Labrada puidesen acadar a súa primeira vitoria da tempada cun Dani estelar. Pola súa parte, outro que tamén […]

Jairo Campo, dianteiro do Burela

Jairo Campo (Burela): «Queremos demostrar que hai outra forma de facer as cousas»

A derrota por 2-4 na Marosa ante o San Tirso non empaña que o Burela arrincou a súa volta á Preferente dunha forma moi interesante. Os mariñáns suman catro puntos de nove posibles antes dun derbi ante o Pol que este ano será único na categoría. A situación dos chairegos é diferente, xa que na […]

Pol e Burela enfróntanse no único derbi provincial na Preferente

Chega o derbi provincial da Preferente, este ano o único que poderemos ver na categoría. O Pol recibe ao Burela no Municipal o domingo ás 12 horas nun encontro, malia a estar na cuarta xornada, de certa urxencia para os locais. Arbitrará o colexiado ourensán Rubén Castro Fernández. A temporada non comezou do xeito que […]

O Incio Terra Brava, da Terceira Futgal

A Terceira Futgal ve a luz verde para arrincar

A Terceira Futgal xa está preparada para comezar a súa andaina unha tempada máis. Pese ao temor dunha posible unificación na vindeira campaña, todos os equipos só teñen na mente un obxectivo de cara a este curso, acadar o ascenso pola vía directa ou pola do play off. Todo dividido en dous grupos nos que […]

O lume detén o fútbol en Pantón e en Sober

A segunda xornada da Segunda Futgal lucense deixa dous partidos pendentes por mor do lume. As lapas xogaron un derbi entre Pantón e Sober que nunca se debería ter producido. Nin o río Cabe foi impedimento para que as faíscas fixesen das súas e alertaran a toda a poboación. Tívose que decretar o nivel dous […]

O balón bota a rodar no fútbol feminino da provincia

O PM Friol comeza goleando e colócase líder Comezou a 25/26 tamén para o fútbol feminino cos partidos de Terceira Federación, 1ª Futgal e 2ª Futgal. Após a desaparición do CD Lugo feminino (e o seu filial), a Terceira Federación queda con só unhas representantes lucenses: o PM Friol. As friolesas comezaron este domingo a […]

Poucas victorias visitantes e tan só un empate na Primeira

A 3ª xornada dos Máxicos Salvatierra Abogados sáldase con dúas victorias visitantes e con moitísimos goles e intensidade neste comezo de campaña. O Racing Villalbés ‘B’ e o Castro igualan sen goles (0-0). O xogo directo, as disputas e os segundos balóns foron protagonistas nun duelo intenso, propio do Estadio Roca. Raúl na primeira metade […]

O Lugo B firmou un dos empates do fútbol lucense

Xornada de táboas para o fútbol lucense

O fútbol lucense tivo unha xornada na que a vitoria foi esquiva en todos os encontros do Trío de Ases O Cantón. Na súa maioría, repetiuse o reparto de puntos, aínda que con diferente valor para cada un dos equipos. O derbi da Terceira RFEF mantivo unha gran igualdade entre ambos conxuntos, mentres que o […]