A Sarriana celebra un dos seus goles

A Sarriana convértese en David contra Goliat

A Sarriana, o Rácing Villalbés e o Burela foron os grandes triunfadores da xornada na Segunda e Terceira RFEF e na Preferente con vitorias de gran valor histórico, de xeira e de garra respectivamente. A xornada tivo dous finais agrios para Lemos e Pol, que o desconto lles privou de sumar os tres puntos, e […]

Vérez, do Rácing Villalbés

David Vérez (Racing Villalbés): «É moi gratificante recibir tanto cariño»

O Rácing Villalbés venceu ao Noia na pasada xornada da Terceira RFEF, pero o resultado non foi a única vitoria do encontro. De feito, foi a menos valiosa por moito que fose a primeira da tempada. Tras 539 días desde a súa última aparición nos terreos de xogo, David Vérez, un dos capitáns do conxunto […]

A Sarriana recibe ao histórico Numancia

Existen días marcados en vermello no calendario e o deste domingo é un deles. A Ribela vestirase de gala para un dos días máis agardados dunha temporada xa de por si histórica para a Sarriana. O domingo ás 17 da tarde o conxunto lucese recibirá no seu feudo ao Numancia de Soria, o gran favorito […]

Mondoñedo e Corgo comezan goleando na Terceira Futgal

Chega o primeiro Tres en Raia En Boas Mans da temporada nunha Terceira Futgal que promete ser máis parella e apaixoante ca nunca. O Mondoñedo comeza liderando o grupo norte logo de golear ao Muimenta, outro dos candidatos ao ascenso. O Cazás venceu no derbi xermadino no campo do Roupar, mentres que Rioaveso, Comercial e […]

Roi, autor máis salvador dos 9 dobretes da xornada

Roi Rivera, xogador do Guitiriz anotou dous goles de suma importancia para o seu equipo. Roi marcou os dous no tramo final do encontro cando o Guitiriz perdía 3-1 co Casás. Roi foi un dos nove futbolistas que fixeron dobretes na 3ª xornada de liga da Segunda.  Na pasada fin de semana tamén marcaron dous […]

Nova goleada dunha Milagrosa líder

Empate que sabe a pouco na Reigosa O PM Friol recibiu na cada ao Victoria CF nesta segunda xornada de Terceira RFEF, a primeira como local para o conxunto amarelo. Malia que as friolesas foron as claras dominadoras do partido, a falta de ocasións a favor e a efectividade (con bastante sorte) do Victoria CF, […]

SD Chantada e Outeiro son os únicos locais que gañan

Na nova semana, os Máxicos Salvatierra Abogados competiron coa máxima intensidade para sacar un resultado bo para o seu equipo. O Chantada Atlético saca un punto do Martínez Otero (1-1). Os locais dominaron o xogo posicional, mentres que os do Sangoñedo inquedaban a meta mariñá con balóns parados e transicións rápidas. Na primeira metade, un […]

A Sarriana logra unha das vitorias da xornada

Dani marca o ritmo nunha xornada moi positiva para o fútbol lucense

O fútbol lucense fixo unha gran xornada esta fin de semana con resultados positivos para a maior parte dos equipos. O principal foi o derbi na preferente entre Pol e Burela que serviu para que os de Labrada puidesen acadar a súa primeira vitoria da tempada cun Dani estelar. Pola súa parte, outro que tamén […]

Jairo Campo, dianteiro do Burela

Jairo Campo (Burela): «Queremos demostrar que hai outra forma de facer as cousas»

A derrota por 2-4 na Marosa ante o San Tirso non empaña que o Burela arrincou a súa volta á Preferente dunha forma moi interesante. Os mariñáns suman catro puntos de nove posibles antes dun derbi ante o Pol que este ano será único na categoría. A situación dos chairegos é diferente, xa que na […]

Pol e Burela enfróntanse no único derbi provincial na Preferente

Chega o derbi provincial da Preferente, este ano o único que poderemos ver na categoría. O Pol recibe ao Burela no Municipal o domingo ás 12 horas nun encontro, malia a estar na cuarta xornada, de certa urxencia para os locais. Arbitrará o colexiado ourensán Rubén Castro Fernández. A temporada non comezou do xeito que […]

O Incio Terra Brava, da Terceira Futgal

A Terceira Futgal ve a luz verde para arrincar

A Terceira Futgal xa está preparada para comezar a súa andaina unha tempada máis. Pese ao temor dunha posible unificación na vindeira campaña, todos os equipos só teñen na mente un obxectivo de cara a este curso, acadar o ascenso pola vía directa ou pola do play off. Todo dividido en dous grupos nos que […]

O lume detén o fútbol en Pantón e en Sober

A segunda xornada da Segunda Futgal lucense deixa dous partidos pendentes por mor do lume. As lapas xogaron un derbi entre Pantón e Sober que nunca se debería ter producido. Nin o río Cabe foi impedimento para que as faíscas fixesen das súas e alertaran a toda a poboación. Tívose que decretar o nivel dous […]

O balón bota a rodar no fútbol feminino da provincia

O PM Friol comeza goleando e colócase líder Comezou a 25/26 tamén para o fútbol feminino cos partidos de Terceira Federación, 1ª Futgal e 2ª Futgal. Após a desaparición do CD Lugo feminino (e o seu filial), a Terceira Federación queda con só unhas representantes lucenses: o PM Friol. As friolesas comezaron este domingo a […]

Poucas victorias visitantes e tan só un empate na Primeira

A 3ª xornada dos Máxicos Salvatierra Abogados sáldase con dúas victorias visitantes e con moitísimos goles e intensidade neste comezo de campaña. O Racing Villalbés ‘B’ e o Castro igualan sen goles (0-0). O xogo directo, as disputas e os segundos balóns foron protagonistas nun duelo intenso, propio do Estadio Roca. Raúl na primeira metade […]

O Lugo B firmou un dos empates do fútbol lucense

Xornada de táboas para o fútbol lucense

O fútbol lucense tivo unha xornada na que a vitoria foi esquiva en todos os encontros do Trío de Ases O Cantón. Na súa maioría, repetiuse o reparto de puntos, aínda que con diferente valor para cada un dos equipos. O derbi da Terceira RFEF mantivo unha gran igualdade entre ambos conxuntos, mentres que o […]

Aday Alcalde, Lugo B

Aday Alcalde (Lugo B): «A adaptación é máis doada con este grupo»

O Lugo B conseguiu un bon inicio da tempada na Terceira RFEF con catro puntos de seis posibles antes da súa visita ao Arousa deste domingo. Os de Dani Galán mantéñense fortes nun ano de moitas novidades, xa que o proxecto é completamente novo e marcado por diferentes apostas que se saíron moito do radar […]

Un derbi para calibrar o comezo de Viveiro e Racing Vilalbés

O primeiro derbi provincial na Terceira RFEF xa chega na terceira xornada ligueira. Viveiro e Racing Vilalbés mediranse o domingo día 21 ás 17:30 no Kiko Rey de Cantarrana, nun choque que lle servirá a ámbolos conxuntos para calibrar un comezo de campionato que comezou de xeito dispar. O Viveiro suma tres puntos na clasificación […]

Unha imaxe do Casás-Alfoz desta fin de semana

A xornada do fútbol lucense en imaxes

Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, e iso ocorre hoxe en Futbolinlugo, xa que imos darlle unha ollada diferente á xornada da man das fotografías de Rober Carreira a través da súa conta de Facebook Veteranos Futgal. Todo un grande do noso fútbol capaz de patear media provincia nunha mesma fin de […]

O Noso 11 A Chaira. Xornada 1

Xermade (6) e Sarriana B (5) foron os equipos que máis goles marcaron na estrea ligueira da temporada 25/26. Ambos conxuntos lideraron cadanseu grupo da Segunda lucense tras a primeira xornada. A contiuación deixamos os 22 futbolistas que conformas os primeiros #ONoso11AChaira da campaña.