Alberto López volta neste mercado ao Viveiro

A Terceira RFEF está en marcha

Coa pretemporada avanzada na Terceira RFEF, os conxuntos lucenses ultiman os preparativos para o comezo dunha competición tan esixente coma dura. CD Lugo ‘B’, Racing Villalbés e Viveiro terán que medirse a clubes da entidade de SD Compostela ou Arosa SC e superar a ilusión dos recén ascendidos Atlético Coruña Montañeros ou Juventud Cambados, entre […]

Diario dun mercado. Episodio 487

Non para o mercado nin na finde de Galicia. Unha fin de semana que algún dos nosos veciños celebra desde a diáspora: é o caso do burelao Pol Bassa. O lateral esquerdo mariñán, logo de visitarnos na última edición do Campus Futbolinlugo na Marosa, asina no Fuenlabrada da Segunda Federación. Nesa mesma categoría, a Sarriana […]

David Rodríguez recolle a súa medalla

David Rodríguez: «Espero seguir moito tempo nos campos»

David Rodríguez foi un dos árbitros que dirixiu o All Star Futbolinlugo na súa quinta edición. En concreto, impartiu xustiza no encontro feminino. Un dos colexiados con máis traxectoria no fútbol lucense tivo a súa merecida homeaxe ao pitar nun dos encontros do evento por segunda vez. Tamén se pasou polos nosos micrófonos, onde non […]

Diario dun mercado. Episodio 482

Nin o sábado descansa o mercado. As novas sucéndense nunha provincia na que todos os clubes queren completar un curso positivo e na que os futbolistas tamén procurarán os seus obxectivos persoais. É o caso de Azael, que dá o salto á Primeira RFEF. O Racing de Ferrol fíxose cos servizos do canteirán de Lugo […]

Diario dun mercado. Episodio 481

O mercado mantense moi vivo na provincia, con clubes que ultiman as súas fichaxes de cara a nova temporada. Achégase o comezo das pretemporadas, e con el a procura dos obxectivos que cada equipo presenta. Móvense as cartas tanto en categorías nacionais coma autonómicas, pero a misión é clara: converter a 25/26 nunha temporada para […]

Diario dun mercado. Episodio 480

Mantense movido o mercado nesta xornada de xoves, especialmente na zona norte da provincia. Julio Rengel (Tamaraceite) chega ao Viveiro para aportar experiencia logo de competir en Terceira RFEF en Castela e León e Andalucía. Na veciña Ribadeo e dous categorías abaixo, Criss non adestrará ao equipo por motivos persoais. Desde o Ribadeo chega Migui […]

Diario dun mercado. Episodio 479

Móvese o mercado como cada día e acumúlanse as novas na provincia. En primeiro lugar, traemos unha novidade moi positiva: Nere Lombardero —xogadora All Star— achégase ao fútbol profesional logo de asinar polo Real Oviedo. A da Pontenova xogará así na Primeira RFEF logo de brillar na Segunda RFEF co Viajes Interrías. Precisamente no mercado […]

Unai Peón recolle o MVP do All-Star Futbolinlugo

Unai Peón (Montañeros): «O All Star é unha experiencia única»

Unai Peón foi unha das grandes estrelas da quinta edición do All Star Futbolinlugo celebrada na Cheda e foi considerado o mellor xogador do encontro. O lucense fixo unha tempada na que foi un dos piares fundamentais do Atlético Coruña Montañeros. Os coruñeses conseguiron ser campións do Grupo Norte da Preferente e agora afrontan un […]

Chegou o día

Este sábado 28 de xuño é o día. Celebramos a quinta edición do All Star Futbolinlugo. Como insistimos cada ano, non se trata tan só dun partido de fútbol: é a gran festa do fútbol lucense. A comunión e convivencia de tod@s @s tol@s que se mollan ata os ósos cada inverno, que resisten cada […]

V All-Star Futbolinlugo arturo día

O V All Star presenta aos seus protagonistas

O vindeiro sábado viviremos, co V All Star Futbolinlugo, outra data única para toda a comunidade do fútbol lucense. A Cheda albergará un evento que, como xa viñemos sinalando nas últimas datas, conta cun amplo programa onde todo o mundo pode sentirse partícipe. O primeiro duelo da tarde será o partido feminino. Nel, a Selección […]

O V All Star abre a inscrición para os concursos

O All Star non é un evento que comprende tan só ás futbolistas e corpo técnicos convocados para os partidos. É a gran festa do fútbol lucense, unha aposta firme pola nosa comunidade, que leva xunto a Futbolinlugo 10 anos e que celebrará a súa quinta edición neste 2025 no campo da Cheda. Por iso, […]

O Ribadeo foi o campión da Copa Deputación 2023 ao derrotar ao Chantada Atlñetico na final

O sábado, de Copas na provincia

Hoxe, sábado, o Arde Lvcvs non é a única cita ineludible na provincia de Lugo. Pretiño da capital, no Arturo Pereiro de Castro, a SD Chantada e o Taboada CF disputarán o título de Copa. Ambos conxuntos procurarán poñer o broche de ouro a unha temporada excelsa: os de Traste estiveron a piques de engancharse […]

O punto de penalti determina aos finalistas

As dúas semifinais da Copa decidíronse cos lanzamentos de penalti e os dous conxuntos visitantes levaron o premio desde os once metros. Así, Taboada e SD Chantada protagonizarán unha vibrante final. Os de Traste eliminaron a un competitivo Guntín logo dun duelo igualado no que os chantadinos gozaron das primeiras ocasións, destacando un remate de […]

Catro conxuntos da Primeira competirán polo título de Copa

Os cadros lucenses da Primeira manteñen os seus obxectivos activos: o Castro segue adiante na fase de ascenso á Preferente, mentres que SD Chantada, Guntín, Taboada e Monterroso xogarán polo título de Copa. Salvatierra Abogados axúdanos a contar como foi a xornada. A Residencia padece a crueldade do fútbol ante o Sporting Celanova (2-2). A […]

Os Máxicos seguen adiante na promoción e na Copa

Salvatierra Abogados patrocina unha semana máis aos Máxicos, na primeira xornada de promoción para Castro e Resi, e na recuperación dos partidos adiados por trebón na Copa Deputación. O Castro tira de veteranía ante o Polígono (2-0). Chegou un equipo moi ben formado ao Arturo Pereiro, con moita calidade e as cousas moi claras. Porén, […]

A Polvoreira tinguirase de gala o domingo

Logo dunha xeira de anos sen alegrías, a Polvoreira voltará encherse este domingo coa promoción de ascenso á Primeira Futgal, na que o Sada visitará ao San Roque nunha semifinal polo ascenso que ten todo por decidir. Logo do resultado da ida, 1-1, os lucenses procurarán facer valer o factor campo para seguir adiante na […]

A Copa segue adiante de xeito parcial

As alertas por trebón impediron que todos os partidos de oitavos de final da Copa de Preferente e Primeira Futgal se xogasen con normalidade. De feito, 4 dos oito partidos foron suspendidos: Santaballés-Monterroso, Taboada-Pol, Guntín-Pastoricense e SD Chantada-San Lázaro. Os outros catro choques si que se disputaron, polo que xa coñecemos a catro dos conxuntos […]

Analizamos aos rivais dos lucenses nas promocións

Chegou o momento de promoción de ascenso para os equipos lucenses. Logo da temporada regular, catro conxuntos masculinos abordan as eliminatorias que determinarán a categoría na que competirán o vindeiro curso: Residencia e Castro optan á Preferente, mentres que Riotorto e San Roque queren voltar á Primeira Futgal. A Residencia, 2º clasificado do Grupo 3 […]

Os Máxicos poñen punto e final á temporada regular

Derradeira xornada de liga para uns Máxicos que, nalgún caso, acadaron os obxectivos. Outros xa preparan a próxima temporada con moita ilusión e coas metas claras. A SD Chantada gaña pero sae de baleiro de Cerdeiriños (1-3). Os visitantes controlaron o xogo desde o comezo e Pulpix adiantou aos seus cun gran cabezazo á saída […]

Drama asegurado no Arturo Pereiro

O Arturo Pereiro alberga mañá, domingo, ás 12.00, un dos duelos máis relevantes da xornada na Primeira Futgal. O cadro local, o CD Castro de Dumi, mídese ao Pastoricense que dirixe Juanma, amigo persoal do técnico vermello. O derbi non supoñerá tan só 3 puntos e un partido de máxima rivalidade, senón que ambos conxuntos […]