O partido da xornada . . . Ribadeo F.C. – C.D. Foz: rachas contrapostas nun derbi de pronóstico incerto

Tan só un mes despois do derbi mariñán clásico nas últimas temporadas entre o Viveiro e Ribadeo, chega outro. Será no Pepe Barrera, o domingo ás 17 horas, cos ribadenses de novo como protagonistas ante un Foz, recén chegado á Preferente logo de seis temporadas de ausencia. O último enfrontamento entre os dous equipos data […]

Trío de Ases Preferente (Xornada 17)

A xornada número dezasete na Preferente Norte déixanos os triunfos de Viveiro e Foz nos derbis provinciais ante a Sarriana e o Castro respectivamente, e a debacle do Ribadeo no campo do Ordes. O que se prevía como un derbi igualado entre dous equipos da zona alta rematou en goleada. O Viveiro está en estado […]

A 17ª Xornada en Preferente. A Previa

Temos tanta fame de fútbol que aproveitamos tódolos festivos entre semana para que corra o balón nos campos da nosa provincia. Dispútase este xoves a décimosexta xornada de Preferente, mentras que outros equipos como o Racing Vilalbés na Terceira, e unha boa parte dos conxuntos de Primeira Autonómica adiantan ao xoves os seus compromisos da […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 15) e Preferente (Xornada 16)

A xornada en Terceira deixounos a derrota do Racing Vilalbés ante o Paiosaco e un gran empate do Polvorín nas Eiroas ante o Bergantiños. Na Preferente, dous triunfos importantes alén das nosas fronteiras: os do Viveiro e Foz, claves nos seus obxectivos, o empate do Ribadeo e as derrotas do Castro e a inesperada da […]

O partido da xornada . . . Roupar – Xermade: igualdade nun derbi entre aspirantes ao ascenso

Atopar un derbi entre dous equipos do mesmo concello no noso rural non é doado. Pero Xermade é a excepción. Na xeografía do concello chairego atópanse competindo actualmente catro equipos: Xermade, Roupar, Cabreiros e Cazás, mentras que un quinto, o Momán fíxoo ata non fai moito tempo. Polo que, para os 1.884 xermadinos (dato de […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 14) e Preferente (Xornada 15)

Esta xornada déixanos triunfos importantes e derrotas dolorosas. O Racing Vilalbés acadou un triunfo importante ante un rival directo, a Sarriana logrou os tres puntos en Arteixo, o Viveiro dobregou ao Puebla en Cantarrana e o Foz reecontrouse coa victoria no Martínez Otero. Na parte negativa, o Ribadeo saiu goleado no campo do líder e […]

O partido da xornada . . . Antas S.D. – S.C.D. Milagrosa: tres puntos e moita autoestima en xogo

O Castro Seoane será o esceario do gran derbi do fútbol feminino lucense. Antas e Milagrosa, os dous representantes do noso fútbol na máxima categoría do fútbol galego mídense este domingo ás 12 horas, nun encontro importante para ambas escadras, na súa pelexa por escapar da zona de perigo. Logo de once xornadas disputadas, as […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 13) e Preferente (Xornada 14)

Os triunfos lucenses na Terceira non teñen continuidade ata o de agora. Se na pasada xornada celebrábamos que Polvorín e Racing Vilalbés lograban sendas victorias, desta volta ámbolos conxuntos caeron derrotados. Na Preferente, Sarriana e Viveiro gañaron a domicilio, o Ribadeo caeu no Pepe Barrera, mentras que Foz e Castro foron goleados por Sofán e […]

Labrada (C.F. Riotorto): «Nos anos que levo adestrando aquí o equipo sempre deu pasos cara adiante»

Pasan os anos e o Riotorto segue dando guerra na Primeira Autonómica. Na última temporada, mantívose pelexando polo ascenso ata preto do final, e na presente malia as dúbidas que poideran xerar as dúas derrotas iniciais, xa acumula nove xornadas sen coñecela derrota, e mira de reollo aos postos de ascenso. Falamos con Ramón Labrada, […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 12) e Preferente (Xornada 13)

Polvorín e Racing Vilalbés agasalláronnos con dous triunfos importantes na Terceira División, mentras que na Preferente o derbi mariñán caeu do lado do Ribadeo nun vibrante final, empates na casa de Sarriana e Foz, e abultada derrota do Castro no campo do Arzúa. Segundo triunfo consecutivo dun Polvorín que parece que comeza a tomarlle a […]

O partido da xornada . . . Viveiro C.F. – Ribadeo F.C.: máxima igualdade no derbi da Mariña

Chega o derbi máis agardado na Mariña. Viveiro e Ribadeo, dúas das vilas máis emblemáticas da comarca. Capitais da Mariña Occidental e Oriental respectivamente sepáranas máis dos sesenta kilómetros que indica o mapa. Unha estrada do século pasado e unha vía de ferrocarril practicamente abandonada fan que os dous pobos parezan máis afastados do que […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 11) e Preferente (Xornada 12)

Xornada marcada polo derbi de Terceira, que gañou o Polvorín na estrea de Simón Lamas como adestrador do Racing Vilalbés. Na Prefrerente, primeira derrota da Sarriana, goleada do Viveiro no Arturo Pereiro ante o Castro, triunfo pola mínima do Ribadeo e debacle do Foz ante un rival directo como o Agolada. Tivo que remontar o Polvorín […]

Trío de Ases Preferente (Xornada 11)

A xornada disputada o día de Santos deixou resultados do máis variado para os conxuntos lucenses. As peores novas chegaron desde Foz, mentras que o Castro sumou un punto insuficiente, o Viveiro amosou a súa mellor versión e a Sarriana rematou coa imbatibilidade ribadense. O derbi provincial entre a Sarriana e o Ribadeo quedou na […]