A Axenda do fin de semana (28-29 de setembro)

Deixámosvos unha escolma dos encontros máis interesantes que podemos ver este fin de semana na nosa provincia, sen esquecer o Partido da Xornada: TERCEIRA DIVISIÓN  – Polvorín – Alondras (Domingo ás 19:15 horas na Cheda): logo do meritorio empate acadado no campo do Arenteiro, os de José Durán tentarán gañar para abandonalos postos de descenso. […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 5)

Non foi, en xeral, unha xornada positiva para os nosos equipos. Na Terceira, o Polvorín empatou no campo do Arenteiro, mentres que o Racing Vilalbés caeu na Porta Santa ante o Paiosaco. Na Preferente, triunfos do Viveiro, que segue líder, ante o Xallas, e do Ribadeo diante do Boimorto. O resto de equipos non puideron […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 4)

Na Terceira División, o Racing Vilalbés goleou ao Arzúa, mentras que o Polvorín caeu pola mínima na Cheda ante o Ourense C.F. Na Preferente, o Viveiro gañoulle a domicilio ao Montañeros, mentras que a Sarriana dobregou na Ribela ao Dubra. O Ribadeo gañou no campo do Laracha, mentres que o Lemos caeu na Pinguela ante […]

A axenda do fin de semana (14-15 de setembro)

No fin de semana no que a Segunda Autonómica bota a andar, e xa con encontros destacados, deixámosvos os encontros máis salientables que se poden ver na nosa provincia. Esta é a nosa escolma: TERCEIRA DIVISIÓN  – Polvorín – Ourense C.F. (Domingo ás 18 horas na Cheda): rival de envergadura o que visita ao filial […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 3)

Primeira vitoria do Racing Vilalbés, logo de vencer no campo Somozas, mentras que o Polvorín quedouse ás beiras de sacar algo positivo ante o Choco. Na Preferente, o Viveiro continúa intratable e goleou ao Lemos, mentres que a Sarriana tamén comeza a carburar en impúxose en Carballo ao Sofán. O Foz acadou un meritorio empate […]

A axenda da fin de semana (7-8 de setembro)

Deixámosvos unha escolma dos encontros que se poden ver esta fin de semana ao xeografía lucense: PREFERENTE NORTE  – Viveiro C.F. – Club Lemos (Domingo ás 12 horas en Cantarrana): o noso partido da xornada. Derbi provincial entre o conxunto local, líder da categoría, logo de acadar o triunfo nas dúas xornadas disputadas, e un […]

O partido da xornada . . . Viveiro – Lemos: dous históricos que volven verse as caras

Si a pasada xornada falabamos do segundo derbi provincial en dúas xornadas, chega o terceiro. A Preferente non da tregua, e este domingo ás 12 horas en Cantarrana citaranse dous dos históricos do fútbol lucense: Viveiro e Lemos. Dous conxuntos con distintos obxetivos, pero coas mesmas intencións, facerse co derbi. O conxunto mariñán comezou a […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 2)

A segunda xornada en Terceira déixanos o triunfo do Polvorín ante o Pontellas e a derrota pola mínima do Racing Vilalbés no campo do Silva. Na Preferente, triunfo do Viveiro diante do Boiro e goleada da Sarriana no derbi ante a Residencia, mentres que o Foz gañou no campo dun aspirante ao ascenso como é […]

A Axenda do fin de semana (31 de agosto – 1 de setembro)

Agardando que se poñan en marcha tódalas categorías do noso fútbol, chega a segunda xornada en Terceira e Preferente. Ademáis, primeira rolda eliminatoria da Copa Deputación. Sábado 31 de agosto – Club Lemos – Puebla C.F. (18:30 horas na Pinguela): non puido ser mellor o comezo do conxunto monfortino. Un triunfo en Dubra, que quere […]

O partido da xornada . . . S.D. Sarriana – S.D.Residencia: os de Meilán poñen a proba o novo proxecto dos sarriaos

Segunda xornada de Preferente e segundo derbi provincial. Despois do disputado no Martínez Otero o pasado domingo, o calendario regálanos outro plato forte do fútbol provincial. Será na Ribela o domingo ás 18:30 horas entre o conxunto local, a Sarriana e a Residencia. O conxunto local comezou a temporada arrancando un punto en Foz, nun […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 1)

Comezou a temporada, e fíxoo con tan só unha derrota para os nosos equipos. Foi a do Polvorín, que non puido puntuar no campo do Arousa. O Racing Vilalbés empatou sen goles ante o As Pontes, mentres que na Preferente, o Viveiro goleou ao Boimorto, Foz e Sarriana firmaron tablas no derbi provincial, ao igual […]

A axenda desta fin de semana (24-25 de agosto)

Comezan os fins de semana no que o fútbol será o protagonista dunha boa parte do tempo de lecer de todos nós. Malia que tan só a Terceira División e a Preferente Autonómica botan a andar neste día de San Bartolo, xa temos encontros máis que interesantes. SÁBADO 24 DE AGOSTO Terceira División  – Racing […]

O partido da xornada . . . C.D. Foz – S.D. Sarriana: derbi provincial para abrir boca

Ben seguro que a tódolos futboleiros da provincia se lles fixo longo todo un verán sen fútbol. Malia que a pretemporada cubre en parte eses dous meses sen que rode o balón, xa se precisa a adrenalina da competición. E xa chega este fin de semana, coa posta de longo da Terceira e a Preferente […]

A pretemporada en imaxes: Triangular Esencias da Mariña – Sonova

O Folgueiro impuxo a súa superior categoría logo do ascenso a Primeira, e gañou o triangular celebrado no Cascabeiro patrocinado polas empresas Esencias da Mariña e Sonova. O conxunto adestrado por Jandri superou claramente ao Celeiro no primeiro encontro da tarde, ao que dobregou por 0-5- No segundo entrou en liza o conxunto local ante […]

Diario dun mercado. Episodio 133

O Viveiro apuntala o seu plantel, e máis concretamente a defensa, coa chegada de Roberto Prieto. O veterano defensa chairego, logo do seu paso polo Racing Vilalbés, Bergantiños, e polo San Tirso na última temporada, reforzará a zaga do cadro dirixido por Chusky. Cubrirá a baixa por lesión de Roi, que estará fóra dos terreos […]