Aproximadamente 25 quilómetros son os que separan o Suso Cruz de Guitiriz e A Reigosa de Friol. Neses dous campos decídese este domingo (desde ás 17:00h) quen ascende á Primeira Rexional.
Ambas eliminatorias están moi equilibradas. A Milagrosa vai viaxar a Reigosa coa vantaxe dun gol. Mentres que o Guitiriz e o Cospeito empataron sen goles na Fonte. Serán as terras guitiricenses as que dicten sentencia na Chaira.
Hai que ter en conta que o valor dos goles marcados é o mesmo (tanto os da casa como fóra). No caso de chegar ao final do partido coa eliminatoria empatada, habería prórroga. De proseguir o empate, tiraríanse penaltis para desequilibrar o resultado (non ten importancia a posición na que acabaras a liga regular).
Dado que cada eliminatoria pertence a cadanseu grupo da Segunda Rexional, chama a atención que precisamente o ascenso se xogue en dous campos próximos. Entre o equipo máis ao norte, o Folgueiro, e o conxunto máis ao sur, o Río Sil, hai uns 200 km. O domingo xusto coinciden as finais en lugares máis céntricos e veciños: Guitiriz e Friol.
Repasamos o que pasou na ida, comentamos como chegan os equipos e conversamos con algúns dos protagonistas: Jesús do Guitiriz, Xoán do Cospeito, Santi do Friol e Joel Vasco da Milagrosa. Contámolo nun #ONoso11AChaira de ascenso.
Seca goleadora na Fonte
Non houbo goles entre o Cospeito e o Guitiriz na ida da súa eliminatoria. Ningún quixo asumir excesivos riscos tendo en conta que isto vai a 180 minutos. Os locais dominaron máis a pelota, pero faltoulles claridade nos últimos metros onde os pupilos preparados por Marcos Pereiro defendéronse ben.
A ocasión máis clara do cadro dirxido por Luis Romay foi unha que terminou sacando Tony preto da liña de gol. Antón, Labrada ou Erik tiveron achegamentos para o Guitiriz que non lograron concretar.
O ‘Efecto Frigsa’ dálle vantaxe a Mila
O factor campo puido ter gran influencia na ida da eliminatoria entre a Milagrosa e o Friol. O gran ambiente que houbo en Frigsa deulle ás ao conxunto local. Os pupilos preparados por Manolo Couso gañaron en seguridade defensiva con respecto a eliminatoria de oito goles encaixados co Becerreá.
Conderon moi pouc noas ocasións e conseguiron xeralas. Ao pouco de comezar a segunda parte, Anxo disparou unha pelota de semivolea e marcou. Logo, os locais defenderon ben cando o Friol chegou á súa área.
Jesús (Guitiriz): “O Guitiriz era un equipo que estaba máis en Primeira ca en Segunda”
Como está o equipo? “Presión non temos pero estamos moi motivados porque levamos moitos anos sen poder ascender. O Guitiriz antigamente era un equipo que estaba máis en Primeira ca en Segunda. Este ano estanse facendo moi ben as cousas e máis que presión, queremos ese premio de desfrutar dun ascenso. Moitos xogadores non o viviron e creo que o merecen”.
Cales son as fortalezas do Guitiriz? “Somos un grupo de amigos acompañados por algunha xente que vén de fóra que trae moi bo ambiente. Formamos un grupo espectacular. Nunca ves unha discusión no campo entre nós. O adestrador está levando moi ben o equipo nese aspecto; é moi dificil ter a 23/24 futbolistas contentos e Marcos estao conseguíndoo. Unha mención especial merece a nosa afección que está involucrando moito nos últimos partidos”.
Cal é o segredo de ser un ‘parapenaltis’? “Sesión de video de penaltis non, pero sesión de video tamén temos. Marcos traballa moitísimo todos os aspectos. Os penaltis adestrámolos os martes, sobre todo. É algo que case sempre se me deu ben. Agora digo isto e non pararei ningún se chegamos a penaltis na final, pero é un aspecto do fútbol que me gusta”.
Xoán (Cospeito): “Melloramos moito en ter un centro do campo compensando e forte”
Como está o equipo? “Levamos unha dinámica moi boa. Xogue quen xogue estámolo facendo moi ben todos. Pensamos que podemos facer un bo partido en Guitiriz e conseguir a vitoria”
Hai presión? “Presión tampouco porque o ano pasado fixemos unha boa temporada pero, tendo en conta como era a liga, non esperabamos facelo tan ben. Desta vez, despois de comezar tan mal, non tiñamos en mente o ascenso.
“Si que sería moi bonito ascender porque somos un grupo moi unido e ascender con amigos creo que debe ser unha experiencia moi guai”.
Cales son as fortalezas do Cospeito? “Somos un equipo alegre con balón. Propoñemos diferentes cousas. Temos xogadores no medio do campo capaces de dominar esa zona do xogo, xente que vai ben de cabeza, as disputas,…
Melloramos moito en ter un centro do campo compensado e forte. En defensa demos un paso adiante e encaixamos moito menos, sobre todo a balón parado”.
A importancia da canteira no Cospeito: “Un club ten que estar representado pola xente da súa vila. Eu non son da canteira do Cospeito, senón da do Vilalba FS pero é un orgullo xogar con tantos rapaces de aquí. Somos moi poucos os de fóra, pero coma quen di, somos do lado”.
“Que volva haber equipo de xuvenís está xenial porque lle dás unha oportunidade aos rapaces nunha etapa que penso que é moi importante. Varios axúdannos nos adestramentos, collen ritmo, están debutando é un proxecto para darlle continuidade”.
Santi (Friol): “A traxectoria de Rafa Casanova é envexable para a gran maioría de xogadores”
Como está o equipo?: «O vestiario vive o partido con moita ilusión e con moitas ganas. Se me preguntas pola presión creo que non hai. Para nós é unha gran tempada xa chegando ata esta final porque tivemos varias trabas no camiño«.
Cales son as fortalezas do Friol?: «Somos un equipo que leva bastante tempo xogando xuntos e iso axuda moito. Pero, sobre todo, somos un grupo de amigos fóra do campo. Iso trasládase ao terreo de xogo á hora de dalo todo polo compañeiro«.
O último baile de Rafa Casanova: «Todos coincidimos en que a traxectoria de Rafa no fútbol é envexable para a gran maioría de xogadores e para a xente en Friol é un referente. Todo o que fai polo equipo xa sexa como presidente, adestrador no seu momento e agora tamén como xogador é incrible. Estamos desexando darlle unha gran alegría co ascenso na súa despedida«.
Joel (Milagrosa): “Loitaremos por algo que moitos non cren que un grupo de xogadores novos da base poida lograr”
Como chega o equipo o partido de volta? “As sensacións son moi boas e estamos na dinámica correcta porque levamos dous meses sen perder. Aínda que temos un grupo novo, somos un equipo con moita fame. Moitos clubs igual nos ven sen experiencia e con falta de veteranía, pero formamos unha familia desde o principio de temporada. A día de hoxe está más forxada e unida que nunca”.
“Todos, absolutamente todos mostramos una ambición e ilusión desmedida por intentar devolver al equipo senior masculino de la SCD Milagrosa donde creemos que pertenece y donde debe de estar al menos, que es en la categoría primera Galicia. Ésto hace que día a día nos superemos y no paremos de sorprender y evolucionar.
Hai presión por ascender? “Decidimos non presionar ao tempo. Se algo debe pasar, ocorrerá. Dende o club non temos obriga por ascender, aínda que tarde ou cedo o club volverá de onde non debeu saír. Esperemos que sexa esta finde”.
“A obriga que temos é a de deixarnos a pel no campo, axudarnos e correr unidos. Cumprimos o obxectivo de xogar a fase de ascenso. Agora loitaremos por conseguir algo que moitos non cren que un grupo de xogadores novos da base do club poidan lograr”.
Cabarcos será dúbida na portería (non puido xogar a ida): “Dani Cabarcos foi unha baixa importante no partido de ida, pero o bo que temos neste club son as solucións antes os problemas que aparecen. Temos unha base traballada dunha maneira correcta, na que os rapaces que soben axudarnos aportan e mellorannos cómo e o caso de Borja Porto. Todos estamos capacitados para xogar este tipo de partidos como xa se demostrou na ida«