#Feminino #Fútbol afeccionado

As nosas guerreiras da fin de semana

Fai unha semana recibimos a nova de que a Primeira Galega Feminina botará a andar o próximo día 31 de xaneiro se as condicións sanitarias o permiten. Porén, polo momento, o único clube lucense que compite é o PM Friol, que o pasado domingo caeu por 3-0 na cidade deportiva do Rácing de Santander.

O conxunto friolense está a pasar por un mal momento. Logo dunha semana convulsa na que se romperon relacións co técnico que comezou a campaña, Abraham Rodríguez, o presidente Ángel Villar dirixiu ao equipo no seu choque da fin de semana. Non era a primeira vez que o experimentado Ángel desempeñaba esta labor, e os precedentes eran positivos, pero esta vez non puido ser.

O Rácing está a firmar unha excelente primeira volta, colocándose nos postos de promoción á Liga Iberdrola. O PM Friol, pola súa banda, non acaba de atopar o seu xogo e os resultados e a fortuna non están a acompañar ás rapazas da Reigosa. 



Quizais polos nervios e a presión de sacar algo positivo, o bon fútbol das lucenses non se traduciu en goles ao longo de noventa igualados minutos. Así, as cántabras inauguraron o marcador á media hora de xogo. Tras o golpe, chegou o descanso. A reanudación non foi moito mellor para o Friol, xa que no minuto 57 -coas visitantes volcadas na procura do empate- as rivais aumentaron a diferencia cun segundo tanto, 2-0.

O segundo gol sentoulles como un mazazo ás nosas guerreiras, que pouco despois recibiron o 3-0 que pechaba o duelo. No resto do encontro, as lucenses buscaron maquillar o resultado, sen éxito. Destacaron Nerea Lombardero, María Valcárcel e María Rodríguez, tres futbolistas do filial que debutaron e asinaron un excelente partido.



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *