#Feminino

As nosas guerreiras da fin de semana

A nosa sección semanal de repaso do fútbol feminino volve facer acto de presenza. Esta semana analizaremos o choque que tuvo lugar entre PM Friol e Atlético de Madrid «B», no que as madrileñas sacaron os tres puntos (1-2).

O filial colchonero chegaba á Reigosa co cartel de favorito, ao contar todos os seus partidos por victorias. Porén, as lucenses non se deixaron amedrentar en ningún momento e pelearon polos puntos durante os 90 minutos. Un desafortunado gol no primeiro minuto de xogo poñía por diante ás albivermellas, pero as rapazas dirixidas por Abraham Rodríguez non se viñeron abaixo e pelexaron polo empate.

Porén, a efectividade visitante custou caro ás de Friol. Un gol do Atlético a balón parado aumentaba as distancias, que LP conseguiría acortar con gol pouco despois, pero non sería suficiente para sacar un resultado positivo. Tras os noventa minutos, 1-2. O PM Friol conta así con 1 punto de 9 posibles no que vai deste Reto Iberdrola. A próxima semana, a Reigosa recibirá a visita do Pozuelo de Alarcón. 



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *