#Fútbol afeccionado

As burbullas volven a Baamonde

O Cercud de Baamonde foi, nos últimos veráns, unha das paradas obrigadas dos amantes do fútbol. Xunto ao río Parga celebrouse durante catro anos seguidos (2016-2019) o torneo de Fútbol Burbulla. Un deporte que, pese a non ser fútbol once, combina moitas das características do balompé: porterías, herba… e diversión.

O 2020 e as súas vicisitudes impediron a celebración dunha quinta edición consecutiva, pero os organizadores tiñan moi claro que o torneo non ía desaparecer. Por iso, desde que decidiron cancelar a edición do 2020, traballaron arreo para que no 2021 sí houbese fútbol en Baamonde. 

Así, o Cercud albergará o próximo sábado 31 de xullo o V Torneo Fútbol Burbulla Baamonde, a onde se achegará xente de toda a provincia para gozar desta curiosa modalidade de fútbol que cada vez ten máis fama por todo o mundo.

Os equipos serán de tres integrantes, masculinos, femininos ou mixtos, e os participantes terán que ter máis de 16 anos. Todos os inscritos poderán optar a bonos-regalo, a trofeos e a medallas… e, ademáis, un dos atractivos do torneo será a comida de confraternización á que invita a organización do torneo.



Por suposto, os organizadores prepararon todo tipo de medidas COVID para facer do torneo un esparzo seguro: uso obrigatorio de máscara, desinfección de burbullas entre cada partido…

A inscripción aínda está aberta e pode realizarse a través de este enlace, onde tamén podedes consultar a normativa do torneo e toda a información ampliada. Cabe sinalar as ganas de fútbol que ten a xente despois de tanto tempo sen xogar, pois -a día de hoxe- xa son 20 equipos os inscritos, cando ata agora o récord das edicións foron 8.



As burbullas volven a Baamonde

Diario dun mercado. Episodio 223.

As burbullas volven a Baamonde

Diario dun mercado. Episodio 224

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *