Sen goles non habería fútbol. Pasaríamos o tempo contemplando aburridas posesións de balón propias dos adestramentos. E por iso, cómpre destacar a esas persoas que son capaces de asinar moitos goles. Esta capacidade está ben desenvolvida por Adrián, dianteiro xuvenil da SD Ribadeo.
Adrián, que está no seu último ano en categoría xuvenil e xoga de dianteiro centro, disputou dez partidos na Primeira Fase da Liga Provincial xuvenil e anotou vinte goles. Dous chicharros por encontro. Que se di rápido.
O seu equipo, gracias en parte aos seus tantos, rematou dita fase no más alto da táboa, empatando a todo coa SD Burela (32 puntos, os mesmos goles a favor e en contra, e empate no duelo directo), e conseguiu a clasificación para a Segunda Fase do provincial, na que se disputan dúas prazas que dan acceso á Fase de Ascenso á Liga Galega. Futbolinlugo falou con Adrián para coñecer un pouco máis sobre como se afronta o resto da liga en Ribadeo e como está a súa moral tras conseguir o «Pichichi».
FUTBOLINLUGO: Para comezar, agora que xa tedes cumprido o obxectivo de clasificarvos á Segunda Fase, cales son as ambicións do Ribadeo?
ADRIÁN RODRÍGUEZ: Gañar a liga e, se é posible, ascender.
FIL: Pensas, por tanto, que podedes acadar o soñado ascenso á Liga Galega?
AR: Si. Porén, hai rivales moi fortes e necesitamos manter a regularidade no que resta de temporada.
FIL: Como está o ambiente no Pepe Barrera e no vestiario tras a excelente Primeira Fase?
AR: O ambiente é moi bo, e ademáis nos partidos demostramos moito compañerismo entre todos nós.
FIL: En canto a ti, como te atopas moralmente tras conseguir unha cifra de goles que, sen dúbida, asusta ás defensas rivais?
AR: Persoalmente estou encantado con este equipo, estou moi a gusto, pero á vez é penso que é unha mágoa rematar este ano a miña andaina como xuvenil.
FIL: Como definirías o teu xogo?
AR: Gústame conducir a pelota e buscar un posible tiro cando contamos coa posesión. Sen balón, trato de correr todo o que o corpo me permita.
FIL: E como é o fútbol de equipo?
AR: É un xogo combinativo, cunha presión alta en campo contrario. Aproitevamos, asemade, as nosas boas capacidades a balón parado.
FIL: Se tiveses que escoller algo deste deporte, que sería?
AR: Sinceramente, non podería quedarme tan solo cunha cousa, porque desfruto absolutamente todo.
FIL: Veste xogando moitos anos máis ao fútbol?
AR: Aínda non sei o que farei o ano que ven, pero se todo vai ben espero seguir moitos anos máis vinculado a este deporte.
Seguiremos de cerca a evolución da SD Ribadeo- axudada polos goles de Adri- na Segunda Fase!!