Foto de portada: Facebook Concello Palas de Rei
Este domingo xógase dende ás 16:30h a última xornada da Terceira Rexional no grupo sur e no norte.
- Última hora: O Quiroga logra empatar 3-3 e ascende de categoría. O Sober consolida o seu posto de play off. No norte, o Friol B sela o seu pase e o Nuevo Nausti tamén xogará play off.
Queda en xogo un posto de ascenso directo na parte sur da provincia. O Quiroga ou o Incio ascenderán este domingo.
A maiores hai en xogo un posto de play off no grupo sur. Será para o Sober ou para o Santa Comba.
No norte hai dúas posicións da promoción de ascenso en xogo. O Celeiro, o Nuevo Nausti, o Friol B e o Catro Roldas están na pelexa.
Actualizamos os resultados grazas aos colaboradores dos clubs que nos informan.
Futbolinlugo está presente no campo da Canteira presenciando o Catro Roldas – Nausti.
A xornada en directo:
Quiroga 3-3 Rubián FINAL (O Quiroga se gaña ou empata ascende)
Incio 7-0 Taboada B FINAL (O Incio ten que gañar e que perda o Quiroga para ascender)
Relámpago Taboada 0-7 Sober FINAL (O Sober se gaña clasifícase para o play off)
O Páramo 1-1 Santa Comba FINAL (O Santa Comba ten que gañar e que o Sober non consiga a vitoria para clasificarse)
Nota*: O Sober e o Santa Comba teñen o gol average empatado. No diferencial de goles antes de comezar a xornada: Sober (+10) e Santa Comba (+16)
Catro Roldas 1-4 Nuevo Nausti FINAL (o que gañe clasifícase para o play off. Un empate só podería meter ao Nausti dependendo do resultado na Reigosa)
Friol B 4-0 Rioaveso Machinango FINAL (O Friol B depende de si mesmo para entrar na fase. Ten que gañar, calquera outro resultado deixaríao fóra).
Nota*: O Celeiro tamén está metido na pelexa pero xusto descansa nesta última xornada. Para entrar na fase válelle: un empate no partido de Román ou que non gañe o Friol B. Se o Friol B gaña, necesita si ou si que o resultado en Román sexa de empate. Se o Catro Roldas ou o Nuevo Nausti gañan, necesita si ou si que o Friol B non gañe.
- Clasificación grupo sur
1º Palas 47 pts. (Ascendido; xógase ser campión)
2º Quiroga 48 pts. (Ascendido)
3º Incio 46 pts. (clasificado para o play off)
4º Rubián 39 pts. (clasificado para o play off)
5º Páramo 36 pts. (clasificado para o play off)
6º Sober 34 pts (clasificado play off)
7º Santa Comba 32 pts.
- Clasificación grupo norte:
1º R. Villalbés B 48 pts. (Ascendido e campión)
2º Mondoñedo 40 pts. (Ascendido)
3º Rioaveso 33 pts. (clasificado para a fase)
4º N. Nausti 30 pts. (clasificado play off)
5º Friol B 30 pts. (clasificado play off)
6º Abadín 30 pts. (clasificado play off )
7º Celeiro 29 pts.
8º Catro Roldas 27 pts.