#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

A Terceira División colle forma

O fútbol galego deu un paso máis cara a nova normalidade, xa que onte tivo lugar a explicación da futura Terceira División, na que teremos representación de tres clubes lucenses: Viveiro CF, Racing Villalbés e CD Lugo «B» (Polvorín), se os enumeramos de norte a sur. Porén, este ano a Terceira será diferente. Hoxe, en Futbolinlugo, contámosvos todas as novidades do sistema de competición da categoría. Ata a Covid-19, estabamos afeitos a tan só un grupo composto por 20 equipos. Nesta 20-21, serán dous sub-grupos de 12 equipos os que compoñan a categoría, atendendo a divisións xeográficas (norte e sur, A Coruña e Lugo por un lado/Pontevedra e Ourense por outro). A primeira fase da competición constará de 22 xornadas (ida e volta nos sub-grupos iniciais) que determinarán cales son os obxectivos polos que pelexará cada clube nas seguintes fases.

Deste xeito, os tres primeiros de cada sub-grupo entrarán nunha liguiña polo ascenso (6 xornadas a dobre volta só contra os rivais do outro sub-grupo) da que sairán dous ascensos directos á nova Segunda División RFEF (cuarta categoría despois da Primeira, Segunda e Primeira RFEF). Do cuarto ao sexto de cada sub-grupo inicial sairán (tamén nunha mini liga de seis xornadas) dúas prazas para a promoción de ascenso (terceira fase) que explicaremos máis abaixo. En ambos casos os conxuntos conservarán os puntos da primeira fase.

O Viveiro sería novo equipo de Terceira

Entre o sétimo ao doceavo clasificado de cada sub-grupo (ambos inclusive) sairán dous grupos máis -de seis equipos cada un- nos que se que pelexará por manter a categoría a dobre volta e enfrontándose tan só aos rivais do outro subgrupo. En cada un destes grupos de 6 descenderán 4 equipos.

Volvendo á promoción de ascenso, os catro últimos do grupo do ascenso e os dous segundos do grupo da promoción pelexarán en eliminatorias a partido único (con prórroga pero sen penaltis) por un posto de ascenso á Segunda RFEF. O seguinte paso a dar, o próximo día 24 de setembro co sorteo do calendario. E por tanto, dos seis derbis provinciais.



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *