A Segunda Rexional colle forma para regresar case vinte meses despois á competición. O 24 de outubro está previsto que comece unha liga cunha fase inicial na que os equipos se dividen en catro subgrupos. Os tradicionais grupo norte e grupo sur da provincia de Lugo pártense en dous. Cada subgrupo ten oito equipos, agás o da contorna de Lugo cidade, Ulloa, comarca de Sarria (sen Oural) e a SD Becerreá que ten nove.
Nos subgrupos de oito equipos xogaranse 14 xornadas. Dous partidos máis terá o Subgrupo A da zona sur cun equipo que descansará cada finde. Será unha competición a dobre volta na que os catro primeiros clasificados de cada subgrupo xogarán por ascender e os restantes por non descender.
Os puntos da primeira fase non contarán como tal na segunda parte da temporada. Os equipos pasarán cunha puntuación representativa acorde ao que conseguiron na primeira fase. En todo caso, serán unhas diferenzas mínimas.
Fase de ascenso:
Non haberá mestura interprovincial na 2ª fase. Os catro primeiros clasificados de cadanseu grupo da zona norte xogarán unha liga de oito equipos da que saíra un ascenso. Os catro primeiros clasificados de cadanseu grupo da zona sur xogarán unha liga de oito equipos da que sairá outro ascenso. En ambos casos a liga é a dobre volta pero enfrontándose só cos 4 rivais cos que non se coincidira na primeira fase. En total, oito xornadas.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Fase de permanencia:
Os catro últimos clasificados de cadanseu grupo da zona norte xogarán unha liga de oito equipos na que, en principio, habería só un descenso. Como a SD Viviero non sae a competir, só baixaría un equipo da zona norte. A competición será a dobre volta e tendo partidos só cos 4 rivais cos que non se xogara na primeira fase.
Na zona sur, o grupo de permanencia vólvese subdividir en dous. Son nove equipos e haberá un grupo de cinco e outro de catro. Aquí si que van xogar todos contra todos sen ter en conta a 1ª fase. En cada subgrupo haberá un descenso.
Datas:
A 1ª fase comezará o 24 de outubro e rematará a finde do 20 de febreiro (antes do Entroido). Agás para o subgrupo A da zona sur ao que lle quedará unha xornada pendente para despois da festa das caretas. Na maioría da competición haberá un parón de case un mes ata que na finde do 20 de marzo se inicie a 2ª fase. Só o subgrupo de permanencia de cinco equipos da zona sur comezará xa a xogar a finde do 13 de marzo.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2018/11/milagrosa-alfoz.jpg)
Equipos:
Na zona norte o subgrupo A está formado por: SD Candelaria, San Ciprián, Celta Barreiros, Iberia CF, Mondoñedo, Roupar, Cabreiros e Xermade.
Na zona norte o subgrupo B está formado por: Abadín, Goiriz, Guitiriz, Matela, Cospeito, Muimenta, Meira e Fonsagrada.
Na zona sur o subgrupo A está formado por: Sporting Lucense, Milagrosa, Santa Comba, Corgo, Becerreá, O Páramo, Paradela, Palas e Antas.
Na zona sur o subgrupo B está formado por: SD Oural, Incio, Bóveda, Brollón, Quiroga, Río Sil, Ferreira e Chantada B.
A SD Viveiro é o único club ao que lle correspondería estar este ano na Segunda que non vai saír a competir. O número de equipos aumenta na categoría ao non haber descensos na campaña parada pola pandemia. Subiron catro equipos de Segunda á Primeira, pero ascenderon cinco de Terceira á Segunda. Nos vindeiros días coñecerase o calendario da 1ª fase.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)