#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

A nova Preferente xa ten forma

Preferente Galicia 2021 2022

A Preferente 2021-2022 xa conta coa súa folla de ruta. Un esquema similar ao da pasada temporada ‘exprés’ pero con moitas máis xornadas e emoción por diante.

Os sete conxuntos lucenses quedaron encadrados no subgrupo B da Preferente Norte. Un grupo, a priori complicado, que terá trece equipos. Entre os cales aparecen o recén descendido As Pontes de Rafa Casanova ou clásicos como o Montañeros, Betanzos e Galicia Mugardos. O Victoria e o San Tirso tamén serán rivais dos Foz, Ribadeo, Lemos, Atlético Escairón, Residencia, Sarriana e Santaballés.

Primeira fase

Todos eles xogarán unha Liga a dobre volta, que comezará o 19 de setembro e concluirá o 20 de marzo. 26 xornadas, catro máis que no Subgrupo A, que deixarán aos cinco primeiros clasificados en disposición de loitar polo ascenso. Mentres que os oito equipos restantes pelexarán por non descender.

Segunda fase

A segunda fase arrincará o 27 de marzo para un total de dez xornadas. Tanto no Grupo Ascenso como no Grupo Permanencia se xogará a dobre volta pero só contra os equipos cos que non se disputou partido algún na primeira fase. Cada un dos conxuntos contará cun número de puntos determinado en función do posto colleitado na primeira fase. Aos que haberá que sumarlle os que consigan nesta derradeira fase ligueira.



Ascensos, descensos e arrastres

Unha vez obtida a ecuación final de puntos, os dous primeiros clasificados do Grupo Ascenso subirán de categoría. Descenderán a Primeira Galicia os dous últimos clasificados dos tres subgrupos que se formarán pola permanencia. E hai que ter en conta, que sempre podería haber máis equipos que perdan a categoría en función dos famosos arrastres que veñan desde a Terceira RFEF.

Copa do Rei

Xogará a previa da Copa do Rei o equipo gañador da eliminatoria entre os terceiros clasificados do Grupo Ascenso da Preferente Norte e Sur. Este enfrontamento celebrarase a un único partido e en sede neutral.



A nova Preferente xa ten forma

Diario dun mercado. Episodio 234

A nova Preferente xa ten forma

Diario dun mercado. Episodio 235

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *