Como xa é habitual nos últimos anos, analizamos como quedan os distintos bancos da Primeira Galicia para esta campaña 23/24. Nove técnicos novos e outros tantos que se manteñen nos seus equipos.
Comezamos polo capítulo de continuidades. Os catro conxuntos que lograron o ascenso á categoría apostan polos artífices do éxito. Marcos Pereiro segue en Guitiriz ao igual que Couso na Milagrosa. Labrada e Hugo Vázquez farán o propio en Meira e Guntín, respectivamente; tras dominar con man de ferro os seus grupos da Segunda Galicia.
A espectacular tempada de Traste na SD Chantada propiciaba unha renovación obrigada, cuestión de Estado. A primeira volta e o bo fútbol do Burela, necesitaban dun novo baile de Luchi. Ademais, os talentos do Lourenzá vivirán outro episodio máis con Ramallal. E Foz e Riotorto reinventaranse un verán máis da man do eterno Jesús Gayol e o carismático Manolo García.
Como diciamos anteriormente, as novidades son moitas: ata nove. O recén descendido Portomarín confía nun dos nosos: Diego Díaz. O capitalino chega desde o bisoño San Roque, ao cal salvou con moitas semanas de antelación. O anterior inquilino do Chao da Poza, Fernandito, terá a oportunidade de agasallar á parroquia de Pol cun ascenso que lle arrebatou hai dúas campañas.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2023/08/MILAGROSA_COUSO-1.jpg)
Josito Jul desfrutará da súa segunda etapa nun Monterroso, que recuperou a vellos coñecidos do pobo para a causa. Outro que regresa é Martín Murado. Neste caso á veciña Taboada. Apostar polos máis mozos e facer olvidar as retiradas é un dos principais obxectivos de Murado.
Pelayo colgou as botas en Xove para pasar ao banco. Pola súa parte, Freire levará o temón dun Santaballés no que xa estivo varias campañas como segundo adestrador.
E rematamos con tres equipos chamados a estar na zona alta. O monterrosino Adrián Vázquez recala en Outeiro de Rei despois de varios tentativas en pasados cursos. Importantes baixas e ilusionantes fichaxes para este novo proxecto no Municipal. E o Atlético Escairón do ourensán Iván González e o Chantada Atlético do monfortino Edu, repártanse o cartel de favoritos para o ascenso nesta Primeira que se presume apaixoante.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2023/08/Presentacion1-1.pptx-2.jpg)