#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal

A Copa sorprende aos equipos de Preferente

O Ribadeo foi o campión da Copa Deputación 2023 ao derrotar ao Chantada Atlñetico na final

Os cuartos de final da Copa de Preferente e Primeira deixaron sorpresas na provincia o pasado mércores. A primeira delas chegou na xornada matinal, cando o Chantada Atlético foi quen de superar ao vixente campión, o Ribadeo.

Os chantadinos fixeron do Sangoñedo un fortín e xa mandaban no electrónico no 5′, logo dun gol de Adri Salgado tras unha concesión defensiva ribadense. Logo dun primeiro tempo no que dominaron os de Edu, Adri repetiu e fixo o 2-0 á volta dos vestiarios. Os mariñáns reaccionaron ao segundo gol local e foron quen de empatar a contenda con goles de Iván e Simón. Porén, unha falta directa botada por Luis serviulles aos «Atléticos» para poñer o 3-2 e pasar ás semifinais da copa.

No mesmo escenario, o Sangoñedo, tivo lugar o derbi entre SD Chantada e Lemos. Unha boa posta en escea dos de Juanlu Bernal valeulles para adiantarse cun remate de Brais, pero os locais non lle perderon o pulso ao partido e deron a volta ao electrónico antes do descanso: Manute fixo o 1-1 nunha acción individual e Joserra puxo o 2-1 logo dunha asistencia de Damián tras unha boa transición. No segundo tempo, os monfortinos meteron pernas frescas e adiantaron liñas na procura do empate, pero a SD Chantada deu mostras do alto nivel competitivo que ten a Primeira Galicia lucense e impediu o empate para elimnar da Copa ao cadro da Preferente.

copa máxicos
Escolle aquí aos adestradores do IV All Star Futbolinlugo.

O veciño do Lemos, o Atlético Escairón, visitou A Liga para medirse ao Santaballés. Os de Freire completaron un dos partidos máis serios do ano: Novás transformou unha pena máxima no comezo e os chairegos amosáronse moi sólidos ata o ecuador do segundo tempo, cando Arias puxo o 1-1 á saída dunha falta lateral. Antes, Macía evitara o 2-0 local. Xa na recta final, Julito desfixo o empate nunha nova acción a balón parado e deu a clasificación a un cadro do Saviñao que estará nas semifinais da Copa.



Xa na zona norte da provincia, o Foz recibiu no Martínez Otero á Milagrosa. Os focenses, máis concentrados na Copa que uns albivermellos centrados na liga regular, aproveitaron a verticalidade da súa banda dereita para anotar dous goles no primeiro tempo e, unha vez por diante, conseguiron que os capitalinos non foran quen de desfacer o entramado defensivo mariñán. Os de Madriles intentárono, pero a falta de ideas en campo rival e as baixas de pezas chave sobre o campo condicionaron un duelo que deixou ao Foz como semifinalista.

RESULtados cuartos de final de copa

Foz 2-0 Milagrosa

Santaballés 1-2 Atlético Escairón



SD Chantada 2-1 Lemos

Chantada Atlético 3-2 Ribadeo

máxicos guitiriz

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *