Chega unha nova xornada ligueira. Ademáis do derbi mariñán que protagoniza o Partido da Xornada, ofrecémosvos unha escolma dos mellores partidos para ver ao longo e ancho da nosa provincia.
Terceira División
– Polvorín – C.D. Barco (Sábado ás 18:30 horas na Cheda): os de José Durán reciben a un dos conxuntos máis en forma da Terceira. O filial lucense precisa dun triunfo para non caer na zona de perigo.
– Racing Vilalbés – C.D. Choco (Domingo ás 17 horas na Madalena): logo de tres derrotas consecutivas, o conxunto chairego buscará a vitoria ante un Choco que está situado na terceira plaza. Convite compicado para os de Simón Lamas.



Preferente Norte
– Club Lemos – S.D. San Tirso (Domingo ás 17 horas na Pinguela): os monfortinos buscarán un triunfo que confirme as boas sensacións amosadas en canto a xogo. Enfronte un rival directo pola permanencia.
– S.D. Sarriana – Galicia Mugardos (Domingo ás 17 horas na Ribela): os de Dani Fernández reciben a un dos conxuntos revelación da Preferente. O Mugardos, recén ascendido, conta tan só cun punto menos que o cadro local.


– S.D. Residencia – Puebla C.F. (Domingo ás 18 horas na Cheda): logo de dous triunfos consecutivos que os auparon á metade da táboa, os de Álvaro Meilán reciben a un Puebla que ven de caer no seu feudo ante o Foz.
Primeira Autonómica
– S.D. Burela – S.D. Chantada (Domingo ás 17:15 horas na Marosa): encontro de altura na Mariña. Os burelaos, logo de caer no campo do Escairón precisa do triunfo para non verse relegado dos postos altos. Enfronte os de Juan Rodríguez, segundos na táboa.

– S.D. Santaballés – U.D. Folgueiro (Domingo ás 17 horas na Liga): a irregularidade é a tónica dos chairegos neste comezo de temporada. Precisan dun triunfo para escalar posicións. O Folgueiro, logo dun bo comezo chega tras caer goleado en Santa Cruz.
Segunda Autonómica
– A.C.D. Xermade – S.D.C. Roupar (Sábado ás 17 horas no Municipal de Xermade): derbi xermadino no que o cadro local tras dous triunfos consecutivos xa está situado na zona alta. O Roupar gañou o primeiro encontro da temporada e buscará escalar postos.
– S.D. Becerreá – Ferreira C.F. (Domingo ás 17:30 horas no Municipal de Becerreá): Ámbolos conxuntos perderon o primeiro encontro da temporada, pero reaccionaron ata situarse na zona alta. A destacar a fortaleza defensiva dos de Pantón, con só tres tantos encaixados.

Terceira Autonómica
– Friol C.F. B – Rioaveso Machinango (Sábado ás 18:30 horas na Reigosa): o filial do Friol quere manter o gran nivel amosado neste comezo de liga que o situou no liderato. Enfronte un Rioaveso, que pelexará por manter o posto de promoción que ocupa.

– Sporting Lucense – Taboada C.F. B (Sábado ás 16 horas no Rodríguez Lago 1): ámbolos conxuntos suman os seus encontros por vitorias. O filial do Taboada aspira a acadalo liderato ao final da xornada.
Primeira División Galega Feminina
– P.M. Friol B – C.D. Valladares B (Domingo ás 18:30 horas na Reigosa): urxe unha reacción para o filial do Friol. Logo de tres derrotas consecutivas, precisa dos puntos para escalar postos na táboa. O rival atópase cos mesmos puntos que os lucenses.
Segunda División Galega
– C.D. Lugo – Xuventude de Crendes (Domingo ás 17 horas no Luis Gorgoso): as lucenses, líderes intratables, contan os seus encontros por vitorias con vintesete goles a favor en tan só tres partidos. Enfronte, as de Abegondo, cuartas clasificadas, non llo porán doado.
– Carballedo C.F. – Olímpico C.F. (Domngo ás 18 horas no Catro Ventos): logo do primeiro triunfo da temporada, as de Iban Crespo tentarán darlle continuidade como locales ante un conxunto que se atopa tamén con tres puntos.
– S.G. Comercial – Portazgo S.D. (Domingo ás 12 no Rodríguez Lago 2): as lucenses, aínda ínvictas, tentarán manter esa condición ante o pechacancelas da categoría.