#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

A 17ª Xornada en Preferente. A Previa

Temos tanta fame de fútbol que aproveitamos tódolos festivos entre semana para que corra o balón nos campos da nosa provincia. Dispútase este xoves a décimosexta xornada de Preferente, mentras que outros equipos como o Racing Vilalbés na Terceira, e unha boa parte dos conxuntos de Primeira Autonómica adiantan ao xoves os seus compromisos da fin de semana.

Dos nosos cinco representantes na Preferente, catro enfróntanse entre sí, polo que é unha xornada de derbis.

VIVEIRO C.F. – S.D. SARRIANA 

Álex Meitín, referencia ofensiva do Viveiro

Encontro que se disputará na matinal do xoves, ás 12:15 horas en Cantarrana. Interesantísimo encontro entre dous conxuntos da zona alta da clasificación. O cadro mariñán ocupa a terceira praza, e chega ao derbi reforzado logo do triunfo acadado no Baleato ante o Dubra, remontando un marcador adverso. Os pupilos de Chusky, salvo o traspé ante o Ribadeo, non coñecen a derrota desde o nove de setembro. Aquel comezo, que non presaxiaba nada bo, xirou en esperanza co paso das xornadas, e agora recibe á Sarriana, que o supera en seis puntos na clasificación. Un triunfo dos mariñáns meteríaos de cheo na pelexa polo ascenso directo.



A Sarriana ocupa o segundo posto con 38 puntos. Algo realmente extraordinario para un conxunto recén ascendido, que logo de dezaseis xornadas só contabiliza dúas derrotas. Certo que a última foi amarga, ante o pechacancelas, un Estudiantil que non coñecía a victoria nesta campaña. Malia que os de Alberto López tiveron ocasións para gañalo encontro, desta vez o balón non quixo entrar. Incluso cunha derrota en Cantarrana, os sarriaos seguirían ocupando postos de ascenso a Terceira.

C.D. FOZ – C.D. CASTRO

Neste caso, derbi trascendental pola permanencia. Ás 16 horas no Martínez Otero. Os chairegos, que non coñecen o triunfo, poñen a proba a boa xeira dos mariñáns. O Foz ocupa o decimosétimo posto na clasificación, fóra dos postos de descenso directo, pero nunha situación complicada si se producen arrastres das categorías superiores. Logo duns encontros nos que os de Gayol non deron a talla, ante Negreira, Agolada e Sofán), recuperárons con dous triunfos consecutivos, no Martínez Otero ante o Boimorto e acadando a primeira victoria a domicilio: en Santa Comba ante o Xallas. Con 16 puntos, oito por enriba do descenso directo e cos rivais directos a tiro de pedra, un triunfo ante o Castro auparía aos focenses na clasificación.



Iban Gayol, veteranía e calidade para o CD Foz

O Castro, malia contar con baixas importantes nos últimos encontros, está a amosar unha boa imaxe, pero os resultados non acompañan. Nas dúas últimas xornadas, a piques estiveron os de Brais Prados de sumar no campo do San Tirso e ante o Ordes tiveron o encontro de cara ata os derradeiros dez minutos. A liga é longa, e dous triunfos coa carga moral que suporían, colocarían ao Castro coas opcións de permanencia intactas.

S. D. ORDES – RIBADEO F. C.

Logo dun gran primeiro tercio de liga, os mariñáns están a pasar un pequeno bache de resultados. O triunfo in extremis no derbi ante o Viveiro non se viu refrendado nos encontros posteriores. Dúas derrotas ante rivais directos como Arzúa e As Pontes, e un empate ante o San Tirso, nun partido que parecía propicio para voltar á senda do triunfo, fixeron que os de Rafa Casanova se alonxaran dos primeiros postos.

De tódolos xeitos, o Ribadeo ocupa a sexta praza, e visita este xoves ás 16 horas o campo dun Ordes que pelexa por fuxir da zona complicada.

ENCONTROS ADIANTADOS



Varias categorías, como a Segunda e Terceira Autonómica, descansan esta fin de semana, mentras que algún dos nosos representantes de Terceira e Primeira Autonómica adiantan ao xoves os seus encontros

Racing Vilalbés – S.D. Compostela (Xoves ás 16 horas na Madalena): encontro de máxima esixencia pra un Racing que quere escapar do descenso. Desde a chegada de Simón Lamas, a Madalena é un fortín.

C.F. Riotorto – Friol C.F. (Xoves ás 12 horas na Veiga): os de Labrada buscarán prolongala racha de resultados ante un Fril que ven de dobregar ao Taboada.

 – U.D. Pastoricense – S.D. Burela (Xoves ás 16 horas no Acebreiro): os mariñáns, fortalecidos logo do último triunfo na Marosa, visitan un dos campos máis complicados da categoría.

– S. D. Outeiro de Rei – S. D. Santaballés (Xoves ás 16 horas no Municipal): encontro entre candidatos ao ascenso. Os locales, logo da última derrota, precisan un triunfo ante o conxunto revelación da temporada.

– Sporting Pontenova – S. D Páramo (Xoves ás 16 horas na Mina): os de Andrés Bouza queren deixalo derradeiro posto. Reciben aos de Fontal, que acumulan tres derrotas consecutivas.

 

A 17ª Xornada en Preferente. A Previa

Destacados Primeira. Xornada 14

Os onces da 13ª xornada na Segunda

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *