O San Lázaro 18-19 comezou a traballar cunha única alta: Fran, procedente do Sagrado Corazón. O bloque da campaña pasada mantense, posto que siguen: Borja Pipita, Mane, Picatto, Álex, Rubén Candal, García, Joel López, Armesto, Saúl, Luis Martín, Miguel Fernández, Rami, Pablo Gómez, Anido e Chuco. Javi Castro retirouse e Álvaro, Juan, Joel Vilar e Martín Barreira causan baixa.
Outro equipo que moveu ficha nestes últimos días. Adrián Vizoso incorporase ao Ribadeo despois de realizar parte da pretemporada co Racing Villalbés. E tamén temos incorporación no Carballedo. Verónica Carballo será a súa nova defensa lateral.
Ademais, esta fin de semana deixounos unha das bombas do verán. Vilariño deixou o banquiño do Ferreira por motivos persoais. O seu oco ocuparao Julio Corral, o home que firmou as mellores xestas do cadro do Baliño.