*Lemos-Monterroso: Tres goles na primeira metade, dous deles de Diego Arias, déronlle a victoria a un Lemos moi superior. Os de Edu Rodríguez seguen a facer un fortín da Pinguela e xa son segundos.
*O Páramo-Foz: Os de Fontal dominaron nas Rapadas a un Foz que acusou a vermella directa a Miguel no comezo da reanudación. Ao remate do encontro, marcharon todos sen duchar. Non había agua quente nin fría.
*Ferreira-Sarriana: Os de Julio Corral adiantáronse xusto antes do descanso e sentenciaron á hora de partido a un Ferreira que segue en postos de descenso.
*San Ciprián-Sporting Pontenova: Empate sen goles nun derbi no que os visitantes reclamaron un penalti no minuto 89. Carlos Carrera debutou coma titular na meta visitante.


*Taboada-Bóveda: O Taboada levouse o gato á auga na segunda metade. O empuxe da Medela consolida aos de Martín Murado na zona media-alta da táboa. O Bóveda, escaso de efectivos, segue ao borde do descenso.
*San Roque-Santaballés: Contundente victoria do Santaballés en Montirón. Os de Carlos Pena xa mandaban por 0-3 ao descanso. Yago asinou un doblete.
*Xermade-Pastoricense: Igualdade máxima nun encontro que rematou con polémica, cun posible penalti non pitado por man a favor do Pastoricense no 93.

*Valadouro-Xove Lago: Gran segunda metade dos de Julio Castro ante un Xove Lago que concedeu demasiado en defensa. O último gol de Jony para enmarcar. Triple recorte. ‘Delicatessen pura’.
*Riotorto-Chantada: Os de Juan Rodríguez adiantáronse por dúas veces ante un Riotorto que desperdiciou moitas ocasións e deixou a homes importantes no banquiño. Manuel e Alberto remataron expulsados e deixaron ao Chantada con nove xogadores nos últimos minutos.
