#Fútbol afeccionado

As pedras negras de Uxío

Todas as historias de fútbol comezan cun pequeno e un balón. Esta non ía ser menos. Uxío da Pena Gutiérrez (Lugo, 3-8-1990), fillo menor dunha familia lucense, comezou a dar os seus primeiros pasos pegados a un balón, xogando partidos coa súa familia na casa. Sendo xa o rei do ‘pasillo’ e imbatido durante meses, comezou a facerse un nome con soamente cinco anos de idade,  nun dos equipos clásicos da cidade, a Comercial. Rápido, forte e competitivo eran os tres adxectivos que definirían o noso protagonista a perfección.

Uxío, na súa etapa no Galicia de Mugardos

Uxío, malia a súa idade, era un xogador de fútbol moi superior o resto dos seus compañeiros, metendo ducias e ducias de goles nos torneos de fútbol sala co colexio Franciscanos, tal foi o seu impacto que con soamente dez anos xa fora campeón de España de fútbol sala coa selección galega, compartindo vestiario con xogadores profesionais na actualidade como Thiago Alcantara, Juan Dominguez ou Iago Falqué.

O tempo pasaba e o rapaz que maravillaba nos torneos do Liceo e ligas provinciais e galegas seguía a súa personal traxectoria cunha única meta, convertirse en xogador de futbol profesional. Con soamente 14 anos, clubes que comezaban a apostar pola creacción dunha canteira sólida como o Villarreal ou mesmo o Deportivo de la Coruña, puxéronse en contacto cos pais do xogador para facerse cos seus servizos, pero a decisión do rapaz sempre foi apostar pola familia e polo seu fogar.

Como en todas as historias de fútbol, sempre aparecen pedras polo camiño. Esta non ía ser menos. O fútbol lucense quedaba sen representación nas ligas autonómicas e Uxío decide apostar por xogar nun clube que lle permita vivir coa súa familia e xogar nun bo nivel para seguir mellorando. É cando abandoa estas terras e recala no Ural de A Coruña, un clube que naquel tempo era filial directo do Fútbol Club Barcelona, e levaba moitos anos levando xogadores para que se formasen na Masía. Non tardou tempo en demostrar na Coruña que ía en serio, que ‘quería chegar’. Sen embargo, namentres os rapaces cos que xogaba afeitabanse a barba, facían as ‘patillas’ ou falaban de colarse en discotecas para maiores de vinte e un anos, o lucense quedaba pequeno, un problema no desarroio de Uxío facía que a forza que tiña quedara en nada, a velocidade non fora suficiente e polo tanto deixara de destacar. Olvidámonos do terceiro dos obxectivos que definían a Uxío como xogador, competitivo, non deixou de selo. 



Uxío abrazando a Miguel Figueira, un dos seus piares

Vendo como as viaxes a A Coruña non se facían doadas e as primeiras suplencias na carreira de Uxío eran de novo pedras no camiño, decidiu voltar a Lugo, para recalar no Club Deportivo Lugo, a terceira etapa nas categorías inferiores. Seguía sendo pequeno, pero soprendeu os adestradores do Xuvenil A que disputaban a Liga Nacional, e polo tanto, parecía que todo aquelo que Lugo recordaba del, volveríase a ver no campo das Gándaras ou no campo do Mundial 82.

Pedras e pedras no camiño, batallas físicas e psicolóxicas, con adestradores e compañeiros, consigo mesmo, pedras e máis pedras, pedras negras.

O ‘9’ que maravillou non voltou, e aproveitando a profesión do pai decide ir a cursar Grao en Dereito na cidade da Coruña, xunto co seu irmán. É aquí cando en Lugo, na nosa cidade, xa se sepulta e dase por morta unha carreira futbolística dun rapaz chamado a ser unha estrela, un rapaz mentalizado a sela. Uxí, nome co que se lle recoñece na meirande dos campos de fútbol, non deixa de xogar pero perde a ilusión por facelo. Eirís, Castro, Mugardos, Eume son os clubes nos que xoga mentres estuda a carreira, clubes dos que o mesmo protagonista asegura gardar moi bos momentos e recordos, compañeros, adestradores, persoal dos equipos, siareiros, vilas, e goles, algún gol tampouco moitos, pero o fin e ao cabo goles.



Xa en xuño de 2013, na cidade da Coruña, según contan, Uxío ten sorte. Cando xa o camiño futbolístico semellaba ser un muelle de pedras con chapapote, pedras negras, Uxío ten sorte. Unha persoa sen ningún tipo de interese maior que o de contar con el para xogar no seu equipo, é para Uxío unha escavadora que lle despexa o camiño, unha persoa que paso a paso da man co noso protagonista quitán esas pedras, non todas, pero moitas, e as mais importantes, as pedras que lle fixeron perder a ilusión polo futbol.

É cando presentamos a Miguel Figueira, adestrador no seu momento do Atlético Arteixo e actualmente no Bergantiños, líder da terceira división galega. Uxío dinos que “…aseguro que sin Miguel no estaría donde estoy, me enseñó mucho, pero no solo de fútbol, me enseñó muchas cosas, y me devolvió la ilusión que tenía desde los cinco años, ser profesional”, tras un bo ano no Atletico Arteixo, metendo 32 goles en 28 partidos disputados contando Liga e Copa, e gañando ambas competicións, Uxío empeza a soar de novo, volvese a escoitar Clocks de Coldplay cando se fala de Uxío e esquécese o Réquiem imposto polos lucenses.

Un deses grandes recordos e momentos de Uxío

No verán de 2014, o dianteiro lucense ficha polo CCD Cerceda, un dos mellores equipos de Galicia, un equipo que pelexa pola Tercera División, e en moi pouco tempo consigue facerse co seu ‘9’ para rematar a sua primeira tempada con 17 tantos. A súa segunda tempada según Uxío foi a súa mellor tempada anotando 1 gol en 5 partidos (é cando a mín mesmo me sorprende a resposta). Uxío rompe o ligamento cruzado do xeonllo e non poderá xogar ao longo do ano, chegará a fase de ascenso na que o seu equipo queda as portas da Segunda B, quedando eliminados faltando dez minutos para rematar a elimitaroria.

Durante este ano Uxío, vai a recuperarse a unha clínica de Ferrol na que coñece o seu terceiro pilar imprescindible, Camilo Prieto, preguntámoslle a Uxío pola profesión de Camilo e nos responde “ángel de profesión”, rehabilitador deportivo, fisioterapeuta, psicólogo deportivo, etc.. moitas son as respostas cando buscamos información sobre este profesional, pero no que sí coinciden todos é, que é unha persoa especial. “Es un ganador, una gran persona, un profesional que no tiene precio. Gracias a romperme el cruzado he conocido a Camilo, es un apoyo constante y continuo en mi carrera y estar con el me da tranquilidad y confianza”. Non encontramos mellores palabras que as mesmas que pronuncia Uxío.

Uxío, co Cerceda / JOSÉ MANUEL FERREIRO

Tempada 16/17, 27 goles, pichichi de Terceira División, catro ofertas de 2ª División B, e dúas ofertas de fóra do país. Uxío, 12 anos despois da primeira chamada do Deportivo, escolle o Clube da súa nova cidade, a cidade na que se sinte cómodo e querido, cidade que nunca lle transmitiu envexa nin malas formas. Uxío pasa a formar parte do Fabril, o filial do Deportivo de la Coruña, no que vai de ano o seu papel é fundamental para ocupar a segunda praza da clasificación de momento.

Quedan atrás os anos nos que un neno tiña un soño, porque ese neno está chamado a seguir pelexando como o facía desde pequeno para evitar as pedras que se puxeron por diante, pedras no ‘pasillo’ e nos campos, nos vestiarios e nos colexios, pedras de fútbol manchadas de chapapote, pedras negras. Uxío da Pena Gutiérrez, o noso protagonista, afirma ter moita sorte por poder vivir a vida que leva, ser profesional nun dos clubes máis importantes do futbol, pero tamén afirma que ninguén lle regalou nada, que ninguén lle botou unha man para levantar as pedras do camiño, salvo os seus tres pilares a familia, Miguel e Camilo.

Uxío da Pena. Dianteiro do Real Club Deportivo B

Foto principal: Laura Santos

As pedras negras de Uxío

Chegan as fases finais da base

As pedras negras de Uxío

Galería de fotos do I Campus de

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *