Adrián Marrube, coordinador da base do Burela e ex adestrador do Celta Barreiros

Adrián Marrube: «Non cambiaría nada do ano no Celta Barrreiros»

Despois de ter durante a última tempada a súa primeira como adestrador sénior dentro da disciplina do Celta Barreiros na Segunda Futgal, Adrián Marrube enfróntase ao reto de ser o coordinador dun dos proxectos de base máis importantes da Mariña Lucense. A tarefa do impulso a todo o talento da zona será o seu obxectivo de cara a unha tempada na que, polo de agora, só se enfoca neso despois dun ano no que as cousas non remataron como el desexaría.

Futbolinlugo: Como foi a primeira experiencia nun banco sénior co Celta Barreiros?

Adrián Marrube: Foi unha experiencia moi boa, tiñamos un grupo de rapaces que aportou moito. Houbo fases da competición complicadas e a directiva tomou a decisión de prescindir de min, o que teño que aceptar.

FIL: Que espiña che quedou de non ter rematada a tempada co equipo?

AM: Tiña moita ilusión, puiden ter fallos pero agora toca tirar cara adiante. Quería ter loitado para poder quedar entre os seis primeiros da liga pero non se conseguiu. Deséxolles o mellor de cara a tempada que vai arrincar.

FIL: Se puideses cambiar só unha cousa, que mudarías?

AM: Non cambiaría nada, mantería todo como o tiñamos desde o primeiro día.

«De momento, só me enfoco nos rapaces do Burela»

FIL: Estás aberto a voltar ao fútbol sénior?

AM: De momento, estou centrado en que os nenos e nenas do Burela melloren e que lle poidan dar máis calidade para que poida chegar algún a xogar na Preferente co primeiro equipo.

FIL: Ti que es un home de vilas e parroquias, que cres que lle fai falta ao fútbol lucense para que deixen de desaparecer equipos dos núcleos pequenos?

AM: Dixo Javi Ruiz unha vez que había dous fallos no fútbol. Eran que os nenos comezaban moi pronto e que os veteráns xa se acostuman a ter menos ritmos.