Diario dun mercado. Episodio 535

O primeiro domingo do mes de agosto deixa trae novidades no mercado, pois os equipos ultiman os movementos para garantir un ano de éxitos. É o caso do Outeiro de Rei, que reforza a súa zaga coa incorporación do defensor Adrián Cadenas. O central chega desde o veciño Castro para aportar solidez e experiencia no cadro de Rubén Candal. En Santaballa, Manu deixa a Liga logo de tres temporadas no conxunto chairego.

O mercado está especialmente movido na zona norte da provincia

Na Segunda Futgal, ⁠o Celta Barreiros ficha a Pablo García » Capi» desde a SD Ribadeo, onde rematou a súa etapa xuvenil. O Goiriz anunciou a continuidade de Héctor e o Catro Roldas incorpora a Gonzalo. O extremo chega desde a Milagrosa para enrolarse nun ambicioso proxecto que compartirá co seu irmán Carmelo. Ademais, como xa adiantamos no diario 509, o histórico Richard renovou no Castroverde.

mercado
Gonzalo conta con experiencia na Milagrosa e na base de Lugo e Montañeros

No fútbol feminino, a SD Chantada renova a Isa, Noemí, Elena, Naiara e Adriana. Ademais, o Real Avilés Industrial, que compite na Segunda RFEF, anunciou a fichaxe de Ana Buceta como segunda adestradora. A de Moaña, ata agora futbolista do Real Oviedo, participara como adestradora no VI All Star Futbolinlugo o pasado 27 de xuño. Agora embárcase nunha nova aventura e comeza un novo itinerario profesional.

Diario dun mercado. Episodio 535

Diario dun mercado. Episodio 535