#Fútbol afeccionado #Feminino #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 532

Nesta fin de semana festiva sucédense as novidades no fútbol lucense. Comezamos polo fútbol feminino. A SD Chantada anunciiou a súa primeira fichaxe. Trátase de Noa da Rocha, futbolista monfortina de 19 anos que procede do Monteforte. Continuarán no conxunto chantadino as capitás Iria Pérez, Noela Pérez, Nati Cervelo e Marian Moure.

Na Terceira RFEF, a Sarriana garantiu a continuidade do polivalente zagueiro Javi Piay. O pontevedrés, formado na base do Celta, cumprirá a súa terceira temporada na Ribela. Un chanzo máis abaixo, na Preferente, o Lemos reforza a súa parcela atacante coa chegada de Cuadrado, procedente do Pol. Monfortinos e chairegos intercambian así aos seus dianteiros ao recalar Fito Periale no Pol.

Na Primeira Futgal, Joel Vasco renova na Milagrosa. O defensa cumprirá a undécima temporada no club capitalino. O Brollón refórzase coa chegada do gardameta asturiano Adrián González, procedente do Portomarín. Conta cunha ampla traxectoria no en equipos como o Luarca, co que militou en Terceira RFEF, Puerto de Vega, Lenense ou Colloto. Desde o Portomarín chega tamén o dianteiro Moaad Dahmouni. Retornan a Os Medos os futbolistas Aarón Díaz e Joel Fernández ‘Jou‘.

Moitas novidades na Segunda Futgal. O Mondoñedo comeza a perfilar o seu cadro de xogadores para o seu retorno á categoría. Os veteráns Juancho, Jaco e Christian seguirán un ano máis no Viñas da Veiga. Tamén o farán Romay, Acebo e Vázquez. Subindo o Fiouco, o Abadín refórzase coa chegada de Andrés Camuñas. O futbolista, con pasado na Milagrosa e San Roque é a terceira fichaxe anunciada do conxunto preparado por Michi. Tamén apuntala a súa zaga o Catro Roldas coa chegada de Dilan, procedente do Matela, futbolista que conta con experiencia no Cospeito e Riotorto.

Sen saír da categoría, o Xermade anunciou que conta con catorce futbolistas. Ás renovacións comunicadas polo momento de Juanxo, Ángel Prieto, Diego Bellas ‘Chungui‘, Pedro Coria, Fran García, Mario Benavente, Iván Carballeira, Dan Ionut ‘Hossu‘, Anxo Teixeiro, Alberto Ferreiro ‘Tiny‘ e Borja Silvosa, súmanse tres fichaxes de xente nova: Christian Pardo, que xa formara parte da entidade nunha breve etapa, Diego Rego, procedente do Racing Vilalbés xuvenil, e Carlos López, que chega do Riotorto. Tamén se reforza o Santa Comba cos retornos de Bra e Jorge.

Na Terceira Futgal, o Río Ouro suma veteranía ao seu novo proxecto coa incorporación de dous clásicos do fútbol mariñán. Adrián Maseda regresa aos terreos de xogo logo de varios anos apartado, empurrado pola presencia do seu fillo nas categorías de base do club. Formou parte do Burela e do extinto Valadouro. Tamén xogará no Árbol Jony, outro futbolista con descendentes xa no club. O centrocampista procede do Foz e pasou tamén polas filas do Valadouro na temporada 2017/2018 e formou parte do Burela e Iberia.

Outro conxunto que se está a mover no mercado é o Pol B. Chegan ao filial o gardameta Iago Durán, procedente do Castroverde, o lateral Hugo Núñez, que chega desde o Matela, e Iker Sandamil, xogador pastoricense que xa adestrou co club durante a pasada campaña. O Sober incorpora ao atacante monfortino Brais Álvarez, procedente do Bóveda.

Diario dun mercado. Episodio 532

Diario dun Mercado. Episodio 531

Diario dun mercado. Episodio 532

Diario dun mercado. Episodio 532