Os Máxicos da Primeira continúan con paso firme na procura dos obxectivos. 15 goles dos 24 que anotaron os lucenses nesta xornada foron anotados nos segundos tempos, o que demostra o alto nivel de forma de todos os conxuntos.
O Taboada non saca nada positivo da casa dun serio Escairón (1-0). Foi un duelo igualado, con dous equipos ben situados sobre o terreo de xogo e que apenas concederon ocasións ao seu rival na primeira metade. Non foi ata o 60′ cando Julio —un dos Máxicos da semana— aproveitou un erro en defenso do conxunto visitante para poñer o 1-0. Desde ese intre, o Taboada subiu as súas liñas e inquedou a portal local, pero o oficio do Escairón fíxose notar ata o asubío final, especialmente desde que os de Martín Murado quedaron cun home menos pola expulsión de Migui.
O Foz consolida o feudo do Martínez Otero a costa do Outeiro (1-0). O Foz foi dominador na primeira metade: tivo unha moi clara que os chairegos sacaron baixo paus, pero o Outeiro defendeu ben o resto de ataques e mantivo a raia aos seus rivais. Porén, a entrada de Asier no segundo tempo inclinou o choque a prol dos mariñáns e, logo da insistencia ao longo dos 90′, unha xogada do mencionado mediocentro deixou a Rober con todo de cara para facer o 1-0 cando restaban cinco minutos para o asubío final.
Os Máxicos comezan unha loita moi esixente pola terceira praza
A SD Chantada suma e segue en Castro (2-3). Os graves erros defensivos do Castro na primeira metade costáronlle os tres puntos no Arturo Pereiro. Os Máxicos de Traste, como líderes da categoría, non perdoaron e anotaron tres tantos antes do tempo de lecer: Michi aproveitou un pase de Damián en transición, Pedrou rematou de cabeza para facer o 0-2 e Pablo reflectiu a superioridade visitante co terceiro gol. Na segunda metade, a boa proposta dos chairegos traduciuse en dous goles de Dani Díaz case consecutivos (75′ e 77′) e, desde ese momento, tiveron opcións de empatar o choque. Porén, o oficio visitante mantivo a renda e levou os puntos do Municipal.
O Santaballés segue coa súa impresionante xeira a costa do Monterroso (3-0). A primeira parte estivo máis pechada, aínda que foi o Monterroso o equipo con máis presenza en campo rival, especialmente por medio de balóns parados. Na segunda metade, os trocos introducidos polos locais e o cambio de sistema beneficiou moito ao Santaballés: un mal despexe de Héctor foi o 1-0. Pouco despois, un erro na definición dos Máxicos vermellos foi castigado poucos minutos despois por Cazás, 2-0. Cando tan só restaban cinco minutos, os chairegos fixeron o 3-0 decisivo nun contragolpe ante un Monterroso que o intentou, pero viu o seu ritmo de xogo detido polo oficio local.
O Iberia celebra o 90 cumpreanos coa victoria no derbi (2-1). Ante as ateigadas bancadas, primeira parte estivo totalmente dominada polo Ribadeo: Anxo anotou cando tan só se xogaran dous minutos e, desde aí, os celestes erraron numerosas ocasións claras coas que puideron ampliar a renda. O descanso, porén, sentou ben aos Máxicos de Moro, que saíron renovados ao verde.

Un balón ás costas traduciuse no 1-1 e, co Ribadeo envorcado na procura da victoria, Dani Vidal fixo un golazo no engadido para desatar a tolemia entre os seareiros de San Miguel nunhas Valgas cun gran ambiente de fútbol mariñán.
O Guntín cumpre diante do Lourenzá (2-0). Os Máxicos laranxas dominaron co balón ao longo de todo o partido, pero o «Atleti» está mellorando moito no plano defensivo e, de feito, tivo a primeira ocasión clara, pero Casanova errou no man a man ante Iker, mentres que o Guntín viu como se lle anulaba un gol por fóra de xogo. Na segunda metade, o Guntín seguiu co seu bo fútbol e alto ritmo e obtivo o premio do gol nun centro-chut no que Dani aproveitou o rexeite. Era o 87′. Co Lourenzá xa envorcado, o Guntín sentenciou por medio de Luis no tempo engadido, 2-0 no Ladairo.
O Racing Villalbés é o primeiro equipo que gaña en Frigsa (0-1). A intensidade propia da Milagrosa tivo presenza no Gorgoso, especialmente no primeiro tempo. Os Máxicos locais erraron un man a man, enviaron un balón ao pau e obrigaron a Yago a mostrar a súa mellor versión, mentres que Fabián tan só tivo que deter un tímido disparo chairego.
No segundo tempo, porén, o filial chairego deu un paso adiante e inquedou máis a meta rival. De feito, a pesares de sufrir a expulsión de Anxo, conseguiron provocar no 82′ unha pena máxima que a Milagrosa protestou pero que Gabri anotou, 0-1. Co electrónico ao seu prol, os de Iván Lamas mantiveron a renda ata o asubío final do colexiado.
O Oural imponse no Sangoñedo ao Atlético (0-2). Foi un partido trabado, con moito balón directo e sen moitas ocasións. Dous ataques verticais dos Máxicos sarriáns, que colleron ao cadro chantadino descolocado e sen xente na retaguardia, decidiron o resultado a prol dos visitantes. O 0-1 de Yago chegou mediado o primeiro tempo, mentres que o definitivo 0-2 foi anotado por Juan Carlos pouco despois da hora de xogo.
A Residencia supera ao Xove e segue o ritmo do líder (2-0). O bo posicionamento defensivo dos mariñáns mantivo aos branquiazuis lonxe da súa meta durante o primeiro tempo. Porén, co paso dos minutos, os Máxicos de Rafa Casanova medraron coa posesión e conseguiron adiantarse cando se cumpría unha hora de xogo. Desde o 1-0, o Xove abriu as súas liñas na procura do empate, pero os capitalinos castigaron ese despregamento co 2-0 que deixou os puntos na Frigsa.
Os Medos presencia outro empate do Brollón (2-2). Foi o cadro lucense o primeiro en anotar por medio de Nico, pero o Maceda empatou no 30′ nun penalti no que nada puido facer Dani. Xa na reanudación, un erro local traduciuse no 1-2 dos ourensáns, pero os Máxicos de Chura repuxéronse e Castañer puxo o 2-2 no 66′. Desde ese momento, a igualdade foi a tónica dominante e o electrónico non se voltou mover no feudo da Pobra do Brollón.


