A Sarriana B celebra o ascenso

A Sarriana B xa é de Segunda Futgal

A Sarriana B conseguiu gañar ao Corgo na súa eliminatoria polo ascenso na final do playoff do Grupo Sur da Terceira Futgal. No seu segundo ano como equipo en activo, o filial sarriao conseguiu un ascenso co que non contaban nun inicio. Un proxecto a longo prazo que busca dous obxectivos claros, axudar ao primeiro equipo no desenvolvemento de diferentes xogadores que poidan axudar nun futuro e medrar a través do que se produce na canteira.

Unha eliminatoria moi competida

A Sarriana B chegou con certa vantaxe ao partido de volta, xa que na Ribela gañaron por 3-1. Raúl Fernández, adestrador do filial, afirma que «o Corgo era un rival que no gustaba polo seu xogo. Tiña claro que o noso equipo no playoff podía competir e que a importancia do partido de Ribela era moi grande. Tivemos opcións de poder matar a eliminatoria e démoslles vida. Sabíamos que a volta era un encontro durísimo porque co seu fútbol directo podíanos facer moito daño».

E o partido de volta foi tan intenso no futbolístico como semellaba. Aínda que puxeron o primeiro gol do encontro tras un penalti ao panenka de Dani Vázquez, o Corgo foi capaz de poñerse a un gol de empatar a eliminatoria a falta de vinte minutos para o final do encontro. A Sarriana B mostrou a súa capacidade de competir nun playoff e, cun gol no 98 de Saúl, pecharon o seu ascenso á Segunda Futgal na súa primeira promoción

O grupo, a chave da Sarriana B

En toda a tempada destacou unha cousa na Sarriana B, o grupo que formaron. «O ascenso é merecido porque demostramos do que eramos capaces cun futbol moi grande de competir. Temos un grupo humano espectacular e todos os xogadores sumaron. Cando un equipo está unido todo contribúe», afirmou Raúl.



No primeiro ano como adestrador do equipo, Raúl sabía que para continuar con este grupo tiña que ver unha boa actitude. «É o primeiro ano que estou e plantexámolo ao longo prazo. Eu só quería ver boa actitude ao longo de todo o ano», apunta. O importante é que para o clube este «é un ascenso para toda a base de que os rapaces teñan opcións de manterse axudando ao clube e con miras altas coa chegada das novas xeracións».

A Sarriana B xa é de Segunda Futgal

Os Máxicos aínda agardan campión

A Sarriana B xa é de Segunda Futgal

O San Lázaro vence e segue na

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *