O Burela volve coller vantaxe nos Máxicos
-
- 0
- 6min de lectura
A fin de semana tras o Entroido nos Máxicos da Primeira deixou ao Burela como líder máis destacado logo da derrota da Residencia, mentres que a victoria do Oural afunde ao Outeiro de Rei en postos de descenso. Todo, da man de Salvatierra Abogados.
O Racing Villalbés ‘B’ reatópase coa victoria diante do Pastoricense (2-0). Malia que os Máxicos visitantes mostraron unha imaxe moi boa, con dominio no cuarto de hora inicial, pero un despexe orientado de Edu desde 70 metros foise envenenando e supuxo o 1-0. Aínda no primeiro tempo, unha boa acción local na que conseguiron desaxustar ás liñas defensivas brancas, chegou o 2-0. Na segunda metade, a falta de precisión en área impediu ao Pastoricense achegarse no electrónico, mentres que o Racing puido ampliar a renda en contragolpes.
O Guntín afunde na táboa ao Outeiro (2-0). Os visitantes chegaban con Brais Rozados como técnico interino logo da marcha de Adrián Vázquez, mentres que o Guntín segue a consolidar o bo traballo de Germán Campos. Un gol de Michi antes do descanso deu tranquilidade a un cadro laranxa que sentenciou o choque na recta final, cando o Outeiro se atopaba envorcado na procura do gol da igualada.
O Lourenzá non da opción ao San Lázaro na matinal do domingo (4-1). Logo dunha primeira parte pechada na Santa Cruz, onde tan só Diego puido poñer o 1-0 antes do descanso, a reacción celeste pareceu asomar na reanudación. Porén, o empate de David foi tan só un espellismo que durou 15′ minutos, ata que Paulo fixo o 2-1 para os seus. Os Máxicos laurentinos aproveitaron así que o San Lázaro adiantase as súas liñas para anotar dous goles máis, deixar o choque pechado e confirmar tres puntos moi importantes.
O Foz pon fin á boa xeira da Residencia (1-2). Aínda que o resultado ao descanso era de 0-0, o campo da Cheda viu moitas ocasións para ambos equipos ao longo do primeiro tempo. Xa na reanudació, Rois adiantou aos seus cun tiro desde a frontal, pero pouco despois Aitor aproveitou un erro en saída de balón dos Máxicos branquiazuis para igualar o resultado. Pouco despois do 1-1, os focenses mostraron o seu perigo en transición cun gran contragolpe finalizado por Dani Chao (1-2) que levou os tres puntos cara un Martínez Otero ao que se lle vai facer curta a temporada.
O Chantada Atlético imponse no derbi fronte á SD (1-0). A Feira do Viño de Chantada tivo este ano un atractivo especial, co derbi entre os dous clubes de fútbol da vila. O peso da posesión foi para os Máxicos de Traste, que non foron quen de romper o engranado defensivo «local» a longo dos 90′ que se disputaron. O Chantada Atlético propuxo un partido con pouco ritmo e no que non sucedesen moitas cousas, ata que Dani Delgado desatou o éxtase no tempo engadido para darlle os tres puntos aos Máxicos «atléticos» diante dun dos rivais máis duros da categoría.
O Burela volve á senda da victoria a costa do Monterroso (3-1). Fíxose de rogar unha nova victoria do Burela, que se atopou cun entramado defensivo moi bo e que viu como Kiko Mariño detivo un man a man do debutante Bouba Cissé. Os Máxicos locais conseguiron adiantarse, porén, nunha pena máxima cometida sobre Adri e anotada por Jairo López. Na segunda metade rompéronse as liñas defensivas visitantes e o Burela fixo o 2-0 por medio de Adri. Sobrado puxo o 2-1 nun erro dos mariñáns, pero unha boa xogada de Miguel rematada por Adri puxo o definitivo 3-1 na Marosa.
O Santaballés non da opción ao Meira (4-0). A boa posta en escea dos locais permitiulles mandar por 3-0 no electrónico no minuto 40′. Cazás (autor dun triplete) anotou o 1-0 logo dun centro lateral rematado por Vérez e rexeitado. O Meira viuse abaixo logo do gol chairego, e o Santaballés aproveitou as súas virtudes en transición. Cazás voltou rematar un centro para poñer o 2-0 e Manu Roca fixo o terceiro. Á volta dos vestiarios, de novo Cazás anotou o definitivo 4-0 nun erro en saída de balón dun Meira que competiu ata o final, pero non foi quen de anotar.
O Oural sae do descenso logo de gañar ao Taboada (3-1). A urxencia clasificatoria do Oural fíxose notar no comezo, cando Diego rematou un centro de Manu logo dunha galopada por dereita e puxo o 1-0. Porén, un saque de banda a prol dos visitantes pouco despois traduciuse nunha peinada e no empata a 1. Aínda no primeiro tempo, Cayuela fixo un golazo para adiantar aos seus antes do descanso. Na segunda metade, coas liñas do Taboada moi avanzadas para facer o empate, un contragolpe dos Máxicos sarriáns puxo o definitivo 3-1 na Ribela.
O Castro gaña en solvencia diante do Xove (2-0). Os Máxicos locais mostraron bo fútbol ao longo do primeiro tempo, con dous goles pasada a media hora de xogo (Goás e Marco) para dar tranquilidade no Arturo Pereiro. O experimentado cadro local xogou coa vantaxe na segunda metade e non encaixou goles diante dun Xove que o intentou pero non foi quen de facer dano na portería de Josema.
A Milagrosa queda coa mel nos beizos en Goián (1-1). Era un partido de vital importancia para os Máxicos de Madriles, que precisaban os tres puntos para saír da zona de descenso diante dun rival directo. A boa posta en escea dos albivermellos valeulles para anotar o 0-1 por medio de Rafa no primeiro cuarto de hora de xogo. Porén, os locais tamén eran conscientes da importancia do choque e apretaron os dentes ata o último minuto do partido, cando chegou o empate, cruel para unha Milagrosa que tivo opcións para ampliar a renda, pero non foi quen de sentenciar.