O novo adestrador do Viveiro Adrián Benavides.

O Viveiro ficha ao técnico Adrián Benavides

O técnico de Castela e León Adrián Benavides será o novo adestrador do Viveiro para o que resta de tempada. O conxunto mariñán decide apostar polo leonés para acadar o gran obxectivo do curso, a permanencia na Terceira RFEF. Benavides non estará no próximo encontro de liga ante o Vilalonga, xa que chegará o luns. Na visita a un dos seus rivais directos, será o preparador físico, Andrés, quen tomará o cargo do grupo de xogadores. Ademais, na Sarriana soa con forza o nome de Jairo Arias, que podería chegar nas próximas horas procedente do Atlético Coruña Montañeros.

O Viveiro aposta por un técnico descoñecido en Galicia

É un gran descoñecido no fútbol galego, mais o seu traballo está moi valorado máis aló da fronteira co Bierzo, sobre todo nas categorías inferiores. Destacou polo seu traballo na División de Honra xuvenil ao frente do CDF Peña durante dúas tempadas onde logrou salvar a categoría. Ademais, tamén formou parte na mesma categoría da Cultural Leonesa. Ten tamén unha pequena experiencia na Terceira cando adestrou ao Bembibre na 2019-2020. Chega a Viveiro coa misión de acadar unha permanencia que se compicou co paso das semanas, pero que segue de cara para o clube mariñán

Jairo Arias, rumbo a Sarria

Na Sarriana soa con moita forza o nome de Jairo Arias, adestrador do líder do Grupo 1 da Preferente, Atlético Coruña Montañeros. Para que esta opción se poida dar, o adestrador e o conxunto coruñés deberían chegar a un acordo para que puidese ter a ficha no conxunto sarriao, debido a que se hai unha rescisión non podería optar ao posto pola regulación da competición. En todo caso, o máis probable é que non adestre no encontro en Boiro, que en principio dirixirá Iván Noé, segundo adestrador dos sarriaos.

Os números falan da boa xeira que leva cun Montañeros que está dominando a Preferente Norte dende o comezo da tempada. 45 puntos de 57 posibles e cinco de marxe coa segunda posición, inda que ata hai pouco eran once. Arias fixo do Montañeros un equipo moi completo tanto na parcela ofensiva, onde son o equipo máis anotador con 43 goles a favor, e en defensa, onde tamén lideran coma o equipo con menos goles encaixados con só 12. O obxectivo, iso si, é o mesmo en ambos equipos, o ascenso, no caso da Sarriana á Segunda RFEF.



Foto da Cultural Leonesa



O Viveiro ficha ao técnico Adrián Benavides

O Antas pon a directa cara ao

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *