Esta semana non fallaron. Os equipos da zona alta sacaron adiante os seus partidos e seguen coa súa particular loita unha xornada máis. A Sarriana mantén a liderado despois do seu cómodo triunfo ante o San Roque. Segue en zona de ascenso o Xove Lago, tras vencer pola mínima ao Foz nun derbi moi disputado. Esta vez, foi Juanjo Coello o que se mostrou decisivo en ataque. Riotorto e Chantada seguen moi preto deses postos de ascenso. Os de Labrada desfixéronse do Páramo pola mínima, ao igual que os do Sangoñedo. O conxunto chantadino ganou por 1-0 ao Bóveda. Mesmo resultado co que o Santaballés se levou os tres puntos ante a Pontenova.
O Monterroso regresou á senda da victoria, con sufrimento. Raúl Antas deixou o triunfo en Cerdeiriños no tramo final, despois de que o Pastoricense igualase un 2-0 en contra. Ademais, o Lemos superou por 3-1 ao Taboada no derbi. Noutro derbi, porén mariñán, San Ciprián e Valadouro igualaron a un tanto e seguen sen atopar a tranquilidade necesaria. Por último, Ferreira e Xermade firmaron táboas nun encontro con polémica e que os chairegos igualaron de penalti sobre a bucina.

