Chegamos á ultima xornada da liga regular na Terceira Galicia coas catro prazas de ascenso directo xa decididas desde fai varias xornadas. Celta Barreiros, que xa é campión, e Casás lograron dar o salto de categoría desde o grupo norte, mentras que Páramo e Rubián fixeron o propio no grupo sur. Neste último aínda non temos campión, e salirá do enfrontamento directo entre ámbolos dous conxuntos.
Goiriz, Piringalla e Rioaveso teñen o billete para a promoción de ascenso acadado no norte, pero aínda pode existir variación nas súas posicións, mentres que Castroverde e Catro Roldas xogaranse o último posto. No sur as catro prazas de play off xa están adxudicadas, pero os postos aínda están por definir.
A xornada disputarase, en horario unificado, o domingo 17 de marzo ás 16:30 horas.
grupo norte
Catro Roldas – Castroverde: posiblemente o encontro máis interesante no grupo norte, cun posto na promoción de ascenso en xogo. O conxunto que saia vitorioso do choque será o que ocupe a última praza no play off. O empate favorece ao Castroverde, polo que aos chairegos só lles vale o triunfo. No encontro de ida na Veiga do Olmo o triufo caeu do lado do Catro Roldas. Na Canteira, o cadro amarelo conta cun 50% de efectividade. Cinco vitorias e cinco derrotas nesta temporada, mentres que o Castroverde a domicilio acadou tan só sete puntos (dous triunfos e un empate).
Goiriz – Piringalla: os dous conxuntos están clasificados para o play off. O Goiriz será terceiro mentres que a Piringalla aínda pode perder a cuarta praza en favor do Rioaveso. Unha derrota ou un empate dos capitalinos, unido a un triunfo do Rioaveso suporía baixar un chanzo na clasificación. A Piringalla foi quen de vencer en cinco dos seus desprazamentos nesta temporada.
Matela – Rioaveso: a mala primeira volta privoulle ao Matela de pelexar por un posto na promoción de ascenso. O Rioaveso, co billete no peto, aspira a rematar a temporada cuarto. Para iso debe vencer en San Lourenzo de Aguiar e agardar que non o faga a Piringalla no Ventiño.
O Comecial B-Celeiro, Casás-Friol B e Cazás-Celta Barreiros completan a xornada no grupo norte, sin que exista relevancia clasificatoria en ningún deles.
grupo sur
Paramo – Rubián: os dous equipos que máis sobresaíron durante a temporada regular chegan ao último partido co ascenso garantido e co campionato en xogo. Só dous puntos os separan, co Páramo en primeira posición, polo que un triunfo ou un empate dos das Rapadas farían campión aos de Jony Lombardía. En troques, un triunfo visitantes remataría co Rubián na primeira praza. O Páramo conta por vitorias os seus encontros como local, mentres que o Rubián venceu en oito dos dez partidos que disputou a domicilio. A emoción está servida.
Corgo – Sober: terceiro contra cuarto. Os visitantes contan con dous puntos de vantaxe que tentarán defender no enfrontamento directo. Os soberinos venceron na ida por 2-1 e sírvelles o empate no Municipal. Os pupilos de Abel Rochela precisan da vitoria para arrebatarlle o posto a un Sober que baixa enteiros lonxe de Centeás. O Corgo mantense invicto na casa onde só cedeu dous empates. A gran ameaza soberina chámase Martín, pichichi da categoría con 25 goles, case a metade dos que logrou o seu equipo.
Río Sil – Santa Comba: outros dous conxuntos que lograron o billete para o play off e que están separados por tres puntos na clasificación. O Río Sil é quinto con tres puntos de vantaxe sobre un Santa Comba que precisa dunha vitoria por máis dun gol na Carqueixa. Reto difícil para os de Richard diante dun conxunto que sumou vintecatro dos trinta puntos en xogo no seu feudo.
Taboada B-Sarriana B, Bóveda-Monterroso B e Chantada Atlético B-Relámpago Taboada son os restantes encontros do grupo sur nos que ningún dos contendentes pon en xogo nada máis que a honra de acadar os tres puntos.