#Primeira Futgal #Fútbol afeccionado

Máxicos Salvatierra Abogados. Xornada 20

máxicos salvatierra abogados

Os Máxicos continúan con paso firme cara os seus obxectivos, cando xa levamos disputadas tres xornadas da segunda volta.

Resumo da xornada dos máxicos ofrecido por salvatierra abogados

O Guntín da a sorpresa en Outeiro de Rei (2-3). Os chairegos aproveitaron un contragolpe finalizado por Denis para adiantarse antes do descanso, pero o Guntín aproveitou unha falta botada por Mateo para empatar á volta dos vestiarios. Foi na recta final cando se decidiu todo: un erro do porteiro visitante no 85′ poñía de novo por diante ao Outeiro, pero os laranxas empataron na xogada seguinte e, xa nos intres finais, aproveitaron un erro do gardamallas local para remontar a contenda e levar os tres puntos do Municipal.

O Lourenzá e o Chantada Atlético asinan táboas nun partido gris (0-0). O mal estado da Santa Cruz impediu un xogo moi vistoso por parte dos dous equipos, sobre todo no primeiro tempo. Na reanudación, Anxo enviou un balón ao poste e a entrada de Diego Torres deu aire fresco a un Chantada Atlético que tivo as máis claras, mentres que o Lourenzá viu como lle anulaban un gol por fóra de xogo no tempo de desconto. Ao final, reparto de puntos nun partido moi igualado no feudo laurentino.

Unha primeira parte para cada equipo en Frigsa (2-2). Milagrosa e Portomarín asinaron unhas táboas que non satisfacen a ningún. Os miñotos foron mellores na primeira metade e anotaron dous goles por medio de Hugo (xunto con Roi, os «Máxicos» do seu equipo), un deles desde os once metros. No segundo tempo, o empuxe dos locais tivo premio cun penalti que transformou Alex e, pouco despois, o capitán Joel anotou o segundo para rescatar un punto para os seus e manter aos capitalinos na loita pola permanencia, 2-2 no Gorgoso.



O Pol vove á senda da victoria diante do Meira (6-0). Un Pol con fame de reivindicarse logo de empatar en Taboada asinou uns primeiros minutos moi serios e conseguiu adiantarse no electrónico para gañar confianza. O Meira, pese ao abultado do resultado, tivo o dominio do choque por fases e gozou de ata seis ocasións para anotar ante un Pol no que Omar consolida a súa candidatura aos «Máxicos» do ano. Porén, a efectividade duns locais que transformaron 6 das 8 oportunidades que tiveron sentenciou ao conxunto de Labrada e devolveu aos de Fernandito á senda da victoria.

O Foz supera ao Taboada no segundo tempo (3-1). No primeiro tempo foron os visitantes quen gozaron de máis opcións, con chegadas claras que non foron quen de anotar. Froito diso, o resultado ao descanso era de 1-1, inxusto para os visitantes e tras os goles de Potente e de Manolito. Na segunda metade, Manolito fixo o seu dobrete particular para poñer o 2-1 e, xa na recta final e co Taboada volcado na procura do empate, Moreda sentenciou para os seus e puxo fin as opcións de puntuar do Taboada, 3-1 no Martínez Otero.

O Xove empata ante o Escairón nun gran partido (1-1). Un Xove que chegaba con tan só 11 xogadores ao Municipal completou un partido moi serio e tivo opcións de superar a todo un Escairón. Logo dunha primeira parte moi igualada, os do Saviñao comezaron o segundo tempo con moita intensidade e enviando moitos balóns á área, ata que obtiveron o premio do 0-1. Os mariñáns, porén, reaccionaron á perfección e conseguiron o 1-1 pouco despois, nunha boa transición culminada cun remate de Jorge. Na recta final, os locais enviaron un balón ao pau que tería suposto o 2-1, pero non acertaron e os puntos se repartiron no Municipal.



A SD Chantada vence a un combativo Guitiriz (2-0). O dominio posicional era dos chantadinos, que non eran capaces de crear ocasións claras de gol, a excepción dun centro lateral no que Novo evitou o gol local. O Guitiriz aguantou o ritmo da SD Chantada durante os primeiros 60′, pero o bo facer dos de Traste traduciuse no 1-0. Co gol, os visitantes non se viñeron abaixo e inquedaron a meta do Sangoñedo, aínda que sen concretar as súas ocasións. Xa no último minuto, Gabri sentenciou o partido nunha boa transición, 2-0 merecido para unha SD Chantada na que debutaron Leo e David con tan só 15 anos, futuros máxicos dos chantadinos.

abogados máxicos

O Riotorto supera ao Santaballés (2-1). Na primeira parte dominaron as defensas e o resultado era de 0-0 ao descanso, pero unha boa posta a punto no vestiario renovou a un Riotorto que anotou dous goles en 20′ e puido ampliar a renda con dúas ocasións máis. Porén, o Santaballés aproveitou os erros en ataque dos locais para recurtar diferenzas e meter o medo no corpo dos da Veiga, que resistiron as intentonas locais ao longo dos últimos dez minutos e sacaron tres puntos de ouro.

O Burela remonta en Cerdeiriños nun duelo moi serio (1-3). A primeira metade, marcada polo xogo directo, estivo dominada polo cadro visitante, mentres que os locais facían dano con balóns longos e transicións. Nunha delas, o Monterroso aproveitou unha acción na área para sacar un penalti e adiantarse. Pero os máxicos mariñáns reaccionaron rápido e remontaron en apenas dez minutos logo dunha falta directa e un disparo desde a frontal para chegar por diante ao descanso. No segundo tempo, pese a que os vermellos dominaron posicionalmente, o Burela sentenciou nun contragolpe finalizado por Adri.

máxicos salvatierra abogados

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *