Neste último día de 2023 queriamos darlle voz ao fútbol feminino. Para iso, decidimos falar con todos os clubs da provincia e preguntarlles polos seus obxectivos e desexos para o vindeiro ano. Este foi o resultado.
PM FRIOL: «Toca seguir traballando para seguir crecendo e mellorar postos na clasificación» (Geluco Villar, adestrador).
CD LUGO: «Quero desexar saúde, en xeral, para que no seguinte Nadal sigamos falando e desfrutando do fútbol. Para o CD Lugo, pido esa pinguiña de sorte e optimismo que precisamos para continuar na loita diaria» (Joaquín Blanco, adestrador).
PM FRIOL B: «Toca seguir traballando para seguir crecendo e mellorar postos na clasificación» (Geluco Villar, 2º adestrador).
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
SAN ROQUE: «Sobre todo pido respecto polas lesións e cumprir un soño… ascender)» (Juan Carlos Quiroga, adestrador).
ANTAS: «Quero que todo o cadro de xogadores siga traballando coas gañas e a ilusión coa que estiveron ata o de agora, porque os resultados serán a consecuencia dese bo traballo» (Dani Abelairas, adestrador).
MILAGROSA: «Desexamos seguir crecendo como equipo e o noso obxectivo é mellorar día a día como futbolistas» (Felipe Varela, adestrador).
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2023/12/WhatsApp-Image-2023-12-28-at-16.40.56.jpeg)
CHANTADA: «Desexamos seguir formándonos a nivel futbolístico, continuar co bo rollo que temos no vestiario e chegar a ser máis competitivas, podendo acadar a permanencia» (Jorge González, adestrador).
CD LUGO B: «Queremos que as rapazas sigan mellorando e formándose. Tamén que o ano novo non traiga máis lesións e que sigamos desfrutando do fútbol da casa!» (Diego Rey, adestrador).
MONTE FORTE: «Desexamos que o 2024 sexa un ano de éxitos, que o equipo consiga os seus obxectivos e loite por estar nos postos altos da clasificación (Cristian Penas, adestrador).
![muimenta](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2023/12/WhatsApp-Image-2023-12-02-at-09.28.46.jpeg)
SAN LÁZARO: «Ao novo ano pedímoslle saúde, que boa falta nos fai; e quedar o máis arriba posible na táboa para pelexar polo ascenso» (‘Luchi’ Cabado, adestradora).
CARBALLEDO: «No 2024 agardo que sigamos sendo esa gran familia que somos, esquivar as lesións e divertirnos co que máis nos gusta, o fútbol» (Roberto Osorio ‘Sementa’, adestrador).
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
COMERCIAL: «Pedimos que o grupo siga coa dinámica dos últimos partidos e os resultados nos empecen a chegar»( ‘Vicky’ Burgo, adestradora).
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2023/12/Programacion-3_page-0001-1.jpg)