#Fútbol afeccionado #Feminino

O San Lázaro provoca a primeira derrota do CD Lugo B

San Lázaro e CD Lugo B decidiron adiantar o seu partido da fin de semana de Reis a unha tarde na que a néboa erixiuse na gran protagonista. A visibilidade reducida sentoulle ben ao cadro de Luchi, que provocou a primeira derrota do filial albivermello na Terceira Galicia.

O conxunto de Diego Rey mandou na posesión e nas ocasións, especialmente na primeira metade. No entanto, a maior intensidade do equipo da Ponte e a súa orde defensiva; déronlle os tres puntos ás locais. O CD Lugo B marchou con vantaxe aos vestiarios grazas a un tanto de Candela Otero nun saque desde o curruncho.

Porén, dous erros en saída de balón propiciaron a remonta do San Lázaro. A escadra de Luchi defendeu a súa renda con uñas e dentes. Jesica converteuse nun auténtico muro ante un CD Lugo B que desperdiciou boas oportunidades para, cando menos, igualar.

Nas postrimerías do encontro, as da Ponte puxeron a guinda ao partido cunha falta de longa distancia. Mireia pechou o seu ‘dobrete’ no mellor partido do San Lázaro a nivel defensivo. Iso si, a gran protagonista do San Lázaro foi a gardamallas Jesica.



O resto do fútbol feminino volverá na fin de semana de Reis

O resto da Terceira Galicia voltará a fin de semana do 6-7 xaneiro, agás a Comercial. O conxunto de Vicky terá a súa xornada de descanso en Reis. O Carballedo tratará de poñer fin á súa mala xeira ante o Vista Alegre. No entanto, o Monte Forte buscará seguir coa súa boa dinámica no feudo do Curtis.

Na Segunda Galicia, o Chantada buscará a primeira vitoria do curso ante o Victoria C, un dos conxuntos da súa particular Liga. As de Jorge González desexan os tres puntos como o mellor agasallo posible de Reis. Pola súa parte, a Milagrosa buscará o segundo triunfo da tempada ante un Antas en contínua liña ascendente. Por último, o San Roque visitará ao Cee co obxectivo de consolidarse en zona de play off de ascenso.

Na Primeira Galicia, o PM Friol B tentará saír de postos de descenso no campo do Lóstrego B. Unha saída difícil ante un dos equipos punteiros da categoría. Ademais, o primeiro conxunto do PM Friol conta cun test esixente na Terceira RFEF. Viaxa ao campo dun Sárdoma que conta cun punto máis na táboa. As da Reigosa son sextas mentres que as viguesas son cuartas. O CD Lugo xogará na casa ante un Victoria FC metido de cheo na pelexa pola permanencia. Unha vitoria podería sacar do descenso ás de Joaquín Blanco e situalas a un só punto das santiaguesas.



Berta (CD Lugo), #XogadoraTorredeNúñez do mes de decembro

Berta, mellor xogadora do mes de decembro

Neste curto mes de fútbol, unha das capitás do CD Lugo destacou nas dúas datas celebradas na Terceira RFEF. Berta faise co galardón #XogadoraTorredeNúñez de decembro por diante de Mireia (San Lázaro).

A futbolista do cadro de A Ponte sobresaíu nas mesmas ocasións que Berta. Porén, o seu equipo disputou unha xornada máis que o CD Lugo ao adiantar o derbi da Terceira Galicia de Reis.

Resultados da xornada

San Lázaro 3-1 CD Lugo B

O San Lázaro provoca a primeira derrota do CD Lugo B

Máxicos Futbolinlugo. Xornada 16

O San Lázaro provoca a primeira derrota do CD Lugo B

O Oural xa é campión de inverno

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *