A pasada fin de semana tivo lugar o Trofeo Cidade de Lugo, organizado polo ADC Sagrado Corazón, e consolidado xa como un clásico dos trofeos de base veraniegos. No torneo compiten rapaces en idade infantil, cadete e xuvenil, pero desde hai uns anos tamén incorporou a categoría infantil feminino, sendo así un dos torneos referencia de fútbol feminino.
Hoxe falaremos precisamente da categoría infantil feminina, competición que contou con catro representantes (Peluquería Mixta Friol, Milagrosa, Victoria CF e Orzán SD), e que se desenvolveu en formato de liguilla, polo que todos os equipos enfrontáronse entre eles. A primeria xornada deixounos os resultados de Milagrosa 0-1 Victoria e Friol 0-2 Orzán.
Tras esto, os dous clubes coruñeses fixéronse coa papeleta de favoritos, e afianzáronse máis aínda tras a segunda xornada, na que o Orzán impúxose por sete goles a cero á Milagrosa e o Victoria superou pola mínima a un correoso Friol (1-0).



Na última xornada decidiríase o primeiro e o tercer posto. No derbi lucense, o Friol venceu á Milagrosa (2-1) e conseguiu a terceira plaza, mentres que o Orzán e o Victoria empataron a ceros, convertíndose o Orzán en campión por diferencia de goles.
O Trofeo Cidade de Lugo é unha gran oportunidade para as rapazas de cara a mostrar o seu bo fútbol e a súa calidade, e para disfrutar ao máximo facendo o que máis lles gusta, xogar ao fútbol. Queriamos felicitar ao Sagrado Corazón pola organización do torneo, e á Milagrosa e ao Friol pola participación das pequenas.
