#Fútbol afeccionado #Feminino #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 317

Empezamos este Diario dun mercado por un dos nosos ilustres emigrados. O centrocampista Alberto Suárez ficha no Juvenil Ponteareas en Preferente. O mediocentro pecha unha etapa de sete tempadas no Choco en Terceira.

Baixamos á Primeira, onde o Burela anunciou a renovación galáctica do capitán Jairo Campo así como a do seu homónimo Jairo López. Tamén continúan Macly, a revelación da tempada pasada; e Antón. Pola súa parte, os vivairenses Carlos e Jorge sumarán unha campaña máis no Xove Lago.

Na Segunda Galicia, o Guitiriz conta con novo adestrador. O mozo Marcos Pereiro, antigo segundo de Juan Rodríguez no Santaballés, ponse aos mandos dos do Suso Cruz. Tamén seguirá como técnico de base. Porén esta temporada nun equipo de fútbol-8 do CD Lugo e non na Piringalla. No tocante ao cadro de xogadores, o Guitiriz fichou ao ’10’ do Becerreá, o habilidoso Erik.

O Alfoz conta con dúas novas caras neste Diario dun mercado: o meta focego Álvaro Teijeira (chega do Viveiro xuvenil) e o atacante Dani Jiménez. Así mesmo, renovan co equipo verdibranco Sousa, Jacobo Rivas e Miguel Otero. Nesta mesma categoría, o Carballedo suma a filas a Héber, que estivo varios anos parado e xogou varios meses no Chantada Atlético.



Erik, novo mediapunta do Guitiriz

Na Terceira Galicia, o Cazás refórzase coas chegadas de Álex Muñiz (procedente do Goiriz), Ángel Campello e Hugo (chegan dende o Nuevo Nausti) e Adrián, que estaba sen equipo. Ademais volven ao grupo logo de cadansúa longa lesión Marcos Gómez e Sergio Martínez.

Por último neste Diario dun mercado, o Chantada anunciou cinco novas renovacións para o seu cadro feminino. As defensas María Enríquez, Uxía e Ana e as atacantes Laura Rey e Rocío Cudeiro manteñen o seu compromiso co conxunto da #MerceEterna.



Diario dun mercado. Episodio 317

Antón Méndez: «É un orgullo que os

Diario dun mercado. Episodio 317

Diario dun mercado. Episodio 318

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *