#Fútbol afeccionado #Feminino #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

McSports, novo patrocinador para a familia Futbolinlugo

Neste mercado de verán, Futbolinlugo comprácese en presentar o seu novo socio aliado. Un colaborador no que todos os beneficios recaerán no noso ben máis prezado: os nosos seguidores.

McSports únese ao orgulloso grupo que conforman os patrocinadores desta casa. Este referente editorial, con numerosos anos de experiencia, é unha das empresas máis coñecidas no ámbito das publicacións deportivas. Especialmente do fútbol. Persoeiros como Iván de la Peña, Carles Puyol, Pepe Mel, José Venancio López, José María Amorrortu… contan cos seus textos nesta editorial.

Desde este periodo estival, Futbolinlugo sorteará, de xeito periódico: distintos libros e publicacións de McSports entre todos os seguidores a través das súas redes sociais. Con medio minuto de atención, os fans do fútbol lucense poden levarse un libro á súa casa. Atentos ás redes, que isto empeza! Grazas McSports!



McSports, novo patrocinador para a familia Futbolinlugo

A pretemporada en imaxes: Lemos – Outeiro

McSports, novo patrocinador para a familia Futbolinlugo

Diario dun mercado. Episodio 320

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *