#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

A covid marca o inicio do ano na 2ª e o Meira e o Becerreá aproveitan para distanciarse

A metade dos partidos previstos para a primeira fin de semana de competición do 2022 na Segunda Rexional non se xogaron. Oito encontros foron aprazados e teñen como causa común a covid. O grupo 2A da provincia foi o único que completou a xornada. Nel o Becerreá aproveitou para seguir exercendo de líder.

Ao xogarse só a metade dos encontros, os Onces Futbolinlugo quédanse nun só, xuntando zona norte e zona sur. Os porteiros son os grandes perxudicados desta situación xa que varios fixeron méritos para saír representados.

Na zona norte, grupo 1A, houbo dous xogados e dous suspendidos. Puidose desputar o partido Fisioterapia Ronda da xornada. O Cabreiros e o Sanci igualaron a un gol en territorio xermadés. O equipo preparado por Abel Rochela continúa na cabeza e a diferenza cos de Jaime Méndez (4º) queda en sete puntos. Ademais o Cabreiros asegurou o gol average.

O outro duelo xogouse intensamente no Viñas da Veiga. O Iberia derrotou ao Mondoñedo por un resultado axustado. Marcos García Bao ‘Balbón’ foi un dos grandes destacados do xogo. Autor dun gol de penalti, xusto antes de realizar esta semana o preoperatorio para ser intervido nun xeonllo.



De penalti tamén tivo a opción de empatar o Mondoñedo, pero o gardamallas Javi detivo a pena máxima. Non atinou coa portería rival, pero Ángel foi un dos protagonistas por parte do cadro mindoniense. O club de Reinante consolídase nos primeiros postos e o Mondoñedo continúa competindo no seu afán de sumar de xeito máis regular.

Non se xogaron o Celta Barreiros – Roupar e o Xermade – Candelaria.

Na zona norte, grupo 1B, só se xogou o Meira 2-0 Goiriz. O séptimo triunfo da tempada, cos goles de Iago e Alberte, permítelle o conxunto meirego ter un marxe de dez puntos co Cospeito (un partido menos).



O resto de posicións están moi igualadas neste grupo polo que os partidos aprazados son de suma importancia. Non se xogaron o Fonsagrada – Cospeito, o Muimenta – Matela nin o Abadín – Guitiriz.

Na zona sur, grupo 2A, a SD Becerreá segue asentando o seu liderado. Conseguiu a sétima vitoria do curso ante o Sporting Lucense. O dianteiro Xairo volveu marcar un dobrete e con dez goles encabeza a táboa de goleadores.

Na segunda posición sitúase o Paradela que logrou os tres puntos in extremis ante o Palas. Os pupilos preparados por Rubén Bergantiños realizaron unha boa entrada de partido e marcaron dous goles de vantaxe. O Palas fixo dano nas transicións e tamén a balón parado e conseguiu igualar o duelo. Nos intres finais Carba de falta deulle os tres puntos aos seus.

O Páramo é 3º con tres puntos de marxe sobre o Antas (5º) que foi o seu rival desta xornada. Empataron a un gol e seguen metidos na pelexa. Por abaixo, o Santa Comba derrotou ao Corgo co que empata na clasificación. Yeyu rendiu a un moi bo nivel nos locais baixo paus, a pesar do resultado amplo que lograron os sues. Ambos equipos con oito puntos están a catro puntos da zona de privilexio. Esta xornada descansou a Milagrosa.

Na zona sur, grupo 2B, tamén só se xogou un encontro. O Bóveda foi quen de derrotar ao Brollón e achegarse precisamente ao seu rival na clasificación. Ambos están fóra dos catro primeiros pero moi preto deses postos.

O líder do grupo segue sendo un Ferreira que non disputou o seu duelo co Chantada B. Tampouco se xogaron o Oural – Río Sil nin o Quiroga – Incio.

A covid marca o inicio do ano na 2ª e o Meira e o Becerreá aproveitan para distanciarse

A cor amarela loce no norte da

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *