Así foi a oitava xornada da Preferente Norte no subgrupo 1C dos lucenses:
- Foz-Lemos (2-1): Dezanove meses despois, un Foz superior volveu gañar un partido. E asinou os tres puntos ao grande. Remontou o tanto inicial de Dafonte, nun erro defensivo. O empate chegou xusto despois do descanso, nunha boa acción entre Álex Esquerdeiro e David Ben. O primeiro deles puxo a guinda cun auténtico golazo por toda a escadra, que lle complica ao Lemos a súa pelexa por un hipotético ascenso de categoría.
- Residencia-Sarriana (2-2): Un empate de ouro para ambos equipos na Cheda. Un puntiño que lle garantiza a primeira posición de xeito matemático á Sarriana e que consolida á Residencia na zona de ascenso. Emoción, goles e intensidade nun encontro no que os de Charly remontaron o gol de Diego Simón contra a media hora de xogo. Na segunda metade, Álvaro Meilán buscou solucións desde o banco. Variou o sistema e o seu equipo, que nunca deixou de crer, rescatou un valioso empate na última xogada. Yeray obtivo a recompensa nunha falta lateral.
- Santaballés-Ribadeo (3-2): O Santaballés non se baixa do carro do ascenso. Resistiu ante un Ribadeo mellor nunha primeira metade de alternativas. Os de Rafa Casanova remontaron antes da media hora, o gol inicial de Álex Novás de penalti. No entanto, na reanudación o home de moda desnivelou a balanza. Jorge Pereira asinou un dobrete para un Santaballés que maniatou aos mariñáns.