#Feminino

As nosas guerreiras da fin de semana

IMAXE DE PORTADA: Web PM Friol

O PM Friol comezou o pasado domingo 21 a segunda fase do Reto Iberdrola nesta 20/21. Nela, as lucenses tratarán de evitar o descenso de categoría. Para iso, terán que quedar entre as 5 primeiras dun grupo composto por Seagull, Athletic «B», Zaragoza CFF, Sporting de Gijón, CD Parquesol, Pozuelo de Alarcón, RCD Espanyol «B» e UD Collerense, ademáis do propio PM Friol.

As da Reigosa dispoñían de 10 xornadas para conseguir o obxectivo, que agora se quedan en nove, tras a derrota desta semana ante o Athletic Club de Bilbao «B» (1-3). O choque, que tivo lugar o domingo pola mañá, comezou coas de Lezama dominando. Porén, as locais resistiron e, cando empezaron a controlar o xogo, dous despistes defensivos ao término da primeira metade tornáronse no 0-2. O primeiro tras un rexeite que non seguiu a cobertura friolense e o segundo tras un disparo lonxano no que a xapanesa Mio non estivo moi afortunada.



Na segunda metade o Athletic retrasou as liñas, algo que serviu ao PM Friol para recurtar distancias por medio de Agnes nun córner. Foi entón cando as nosas guerreiras se volcaron na procura dun empate que nunca chegaría, xa que no minuto 80, as visitantes aproveitaron un centro lateral para poñer o definitivo 1-3.

A semana que vén, as lucenses visitarán o campo do Zaragoza CFF, necesitadas dunha victoria. Ademáis, temos unha boa nova: o próximo martes tamén comentaremos os partidos de CD Lugo e PM Friol «B», que se estrearán nesta 2020/2021 na Primeira Galicia (Grupo A) na casa da SD O Val e Victoria CF «B», respectivamente, así como a SD Antas, que visitará ao Victoria FC «B» na primeira xornada do Grupo B. A normalidade comeza a voltar aos campos de fútbol…

A pichichi



Agnes foi quen de anotar ante o filial vasco, cun bo remate coa testa á saída dun córner.

O máis destacado

Mushu volveu ao equipo despois de dous meses parada por lesión, e demostrou de novo todo o que pode aportar ás súas compañeiras para aspirar á consecución dos obxectivos.

A frase

Luis Martín, adestrador do equipo, afirmou que «O Bilbao foi superior en moitas fases do partido e non fumos capaces de anular o seu xogo.»



As nosas guerreiras da fin de semana

Os tres equipos lucenses de Terceira teñen

As calculadoras botan fume na Terceira

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *