#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

O partido da xornada . . . Viveiro C.F. – Vista Alegre Estudiantil: catorce anos despois volve a Terceira a Cantarrana

Un 21 de maio de 2006 diante do Cerceda foi o último día que se xogou un partido de Terceira en Cantarrana. Catorce anos e medio tiveron que pasar pasar para que Viveiro volva a disfrutar dun encontro de Terceira División, moitos para un pobo acostumado históricamente a disfrutar en categoría nacional.

Por fin, este domingo ás 17 horas o Viveiro recibirá ao Vista Alegre Estudiantil na primeira xornada  desta temporada marcada pola pandemia do Covid-19. E farao con público nas bancadas de Cantarrana, aínda que con aforo limitado. O novo formato da Terceira, con dous subgrupos de doce equipos en cada un e oito descensos a Preferente fai que sexa unha competición máis esixente que nunca, onde cada encontro sexa trascendental de cara ao obxectivo marcado.

O Viveiro chega ao debut, ao igual que o resto de equipos, despois dunha atípica pretemporada. Pero os resultados convidan ao optimismo. Os pupilos de Chusky foron quen de derrotar en Cantarrana ao Racing Vilalbés e ao Somozas e de empatar ante o As Pontes. A única nota negativa chegou na fase previa da Copa do Rei, onde o conxunto mariñán caeu apeado na tanda de penaltis ante o Ribadumia. Os mancados Tomy, Jacob e Roi serán baixas para este encontro, así como Xaime e Tichu por sanción.



Chusky volve á Terceira como adestrador logo de poder disfrutar da categoría como xogador

Co mesmo bloque que a pasada temporada na Preferente e coas incorporacións de xogadores como Asier, Javi Rey, Pablo Rey, Edgar, Dani Montes ou Aitor Moreda, o Viveiro conforma unha das plantillas de menos idade da categoría. Xuventude, pero xa con experiencia na categoría na súa maioría, que tentarán xunto cos xa máis veteráns Xaime, Tichu ou Gerardo darlle continuidade ao proxecto viveirista na Terceira División.

O rival do domingo será unha incógnita. O Estudiantil gañou o ascenso nos despachos e acadou unha fusión cun histórico do fútbol compostelán: o Vista Alegre. Non está a ser un camiño de rosas. O cadro de xogadores confeccionado ao comezo do verán dirixidos por Gonzalo Lestayo sufriu importantes modificacións nos últimos días. Diferencias entre as directivas provocaron a saída de varios dos xogadores asinados esta temporada e a chegada doutros de recoñecida experiencia como Óscar Santiago, Jacobo Millán, Manu Rodríguez ou Toño Vázquez.

Falamos do encontro con Iván, un dos fixos na línea medular do Viviero C.F.



QUE OPINAN OS PROTAGONISTAS?

Iván convertiuse nun fixo no centro do campo do Viveiro desde a súa chegada

O comezo. «Estará marcado polo ritmo de competición que irá incrementándose a medida que avance a competición. Noutra temporada chegabas con moitos máis amistosos xogados e os adestramentos tamén viñeron marcados polas restriccións ao ter que adestrar en grupos reducidos. Chegamos ben, cun equipo moi xoven, onde eu con 24 anos son por idade o quinto ou sexto máis veterano, pero afrontámolo como moita ilusión e ganas«.

– A eliminación copeira. «Era un encontro onde tiñamos depositadas moitas ilusións. Viamonos con moitas opcións de gañar, pero enfrontámonos a un rival como o Ribadumia que malia chegar curto de preparación foi moi competitivo e soubo contrarrestar o noso fútbol. Queriamos pasar a seguinte fase da Copa, pero para nada nos afectou na nosa moral. Temos moi mentalizado o noso obxectivo para esta temporada«.

O encontro. «Non temos grandes referencias do noso rival do domingo. Por problemas internos trocaron boa parte dos xogadores cos que comezaron a pretemporada e nos últimos días anunciaron fichaxes de moito renome moi coñecidos no fútbol galego. Pero é un encontro de Terceiro, e iso significa que non será doado, como non o será ningún nesta categoría. Temos que facer do noso campo un fortín e que os puntos se queden en Cantarrana«.

Banquiño de luxo do Viveiro na pretemporada 2019-2020

A temporada a nivel persoal. «Principalmente non ter lesións para poder ter continuidade. Logo de saír da base do C.D. Lugo puiden disfrutar dunha temporada en Terceira co Racing Vilalbés onde apenas puiden ter minutos, polo que esta temporada o obxectivo principal a nivel persoal é poder xogar con regularidade. E principalmente poder disfrutar no terreo de xogo. Aínda que nesta categoría o fútbol se profesionaliza máis, é moi importante xogar onde te sintes querido e agusto, como me ocorre a min en Viveiro. Con xogadores como Xaime, Tichu co que xa coincidín no Ribadeo ou Gerardo no Racing Vilalbés, Arturo, Álex Meitín . . . Temos un vestiario espectacular e é fundamental para seguir disfrutando como estes últimos dous anos. E por suposto manter a categoría, que sería o colofón«.



A AXENDA
 – C.S.D. Arzúa – Racing Vilalbés (Domingo ás 17 horas no Viso): primeira xornada ligueira tamén para o cadro chairego que visita ao conxunto revelación da pasada temporada. Os de Simón Lamas, cun cadro de xogadores ben reforzado, parte con obxectivo de lograr un bo comezo para fuxir da zona de perigo nunha campaña na que o alto número de descensos será unha ameaza. Enfronte tres lucenses nas filas arzuanas: Brais Prieto, Álex Vázquez e Pedro Delgado.
  – Polvorín – S.D. Fisterra: O encontro do filial do C.D. Lugo que se ía disputar este domingo ás 16:30 horas na Cheda foi adiado por mor do positivo en Covid-19 dun xogador lucense. Agardamos a súa pronta recuperación.

O partido da xornada . . . Viveiro C.F. – Vista Alegre Estudiantil: catorce anos despois volve a Terceira a Cantarrana

O anecdotario: «Un pepito de tenreira en

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *