Si, pode ser hora de xogar ao tute. Pero o bo tempo ten que vir para quedarse. Hai que xogar no tapete, pero nun exterior que as catro paredes xa dan fobia no mes de maio. Xa se empezou a ensilar a primeira corta de herba e aínda non sabemos que pasa cos arrastres. Campos verdes, flores brancas e cartas botadas. Analizámolo.
Vén de rematar a liga na Segunda Rexional lucense. Aproveitamos para reiterar os parabéns ao Folgueiro, ao Lourenzá, ao Guntín e ao San Roque por ascender á Primeira Rexional. O que non sabemos é se darlle a noraboa a algúns dos equipos de abaixo. Algún posible arrastre podería mudar os plans. Non é a peor temporada neste tema, pero a incerteza ata unhas cantas semanas máis é o que o fai máis difícil. Comezamos pola orixe de todo. Por onde comezan a realidade dos arrastres para o fútbol galego. E en consecuencia, para o fútbol lucense. Que isto hai maneira de evitalo? Posibilidade semella que algunha hai, pero mentres os que manexan isto non fagan algo para amañalo…
No grupo dos galegos da Segunda B quedan dúas xornadas. O descenso matemático do Fabril provoca, en principio, un arrastre na Terceira. Serían dous nestes momentos. O Rápido de Bouzas está en postos de descenso. A cinco puntos da praza de promoción e a seis da salvación. O gol average a favor cos dous antecesores (Salamanca e Las Palmas Atlético) permítenlle ter algunha probabilidade máis. O cadro vigués confiou esta temporada en catro lucenses para o seu proxecto. Ángel Fraga, Iago López, Quico e Pablo Antas. O monterrosino repasa para Futbolinlugo as posibilidades do seu equipo: “Creo que esta fin de semana torceuse bastante a cousa. Os resultados dos rivais non favoreceron. A vitoria do Las Palmas Atlético prexudicounos. Creo que se puxo moi complicado. Temos que gañar nós e esperar a terceiros”.
«As expectativas no Rápido eran moi altas», Pablo Antas
Todo despois dun inicio de temporada difícil. O equipo da parroquia viguesa de Bouzas estivo oito partidos sen gañar. En ningún deles conseguiu marcar gol. “O inicio foi moi malo. Ao facer tan poucos puntos nas primeiras xornadas vaite lastrando. Aínda así, o equipo animicamente aguantou moi ben. O ano fíxose levadeiro precisamente por iso. Todo o mundo sumuou”. Foi precisamente un gol de Pablo Antas na xornada nove o que significou a primeira vitoria da temporada. Tres puntos ante un Salamanca que agora é rival directo. Antas cre que igual as expectativas eran moi altas despois do feito a campaña pasada: “É un equipo que leva só dous anos na Segunda B. Xa é un feito histórico estar aí. As expectativas eran moi altas. Había xente nova que debutaba na categoría e pagamos a peaxe”.
Un descenso do Rápido de Bouzas, supón nestes momentos a baixada dun ex equipo de Pablo, o Somozas. “En case todos os equipos da Terceira tes amigos e compañeiros. Pero se arrastras ao Somozas aínda sería máis doloroso. O tema competitivo está feito así e non sei de que maneira se pode arranxar. Pero si que fastidia que fagas o teu traballo e che afecte o de terceiros”, apunta o mediocentro. Nesta recta final, Antas non lle está podendo axudar ao seu equipo dentro do terreo de xogo. Unha lesión nunha man impídello. “Tiña moita ilusión ante a idea de volver competir na Segunda B. Estiven participando case sempre dende o inicio. Ata que unha lesión de nocello aportoume a finais de ano durante un mes. E agora o dedo na man. Parecía que non ía ser moito pero ao final tiven que pasar polo quirófano”. O Rápido de Bouzas xogará ante o Real Madrid Castilla e o Unionistas nas últimas dúas xornadas. Antas non pensa no seu futuro: “Agora non estou pensando no ano que vén. Quero apoiar aos meus compañeiros nas dúas xornadas que quedan e tentar recuperarme o mellor posible para o vindeiro ano”, conclúe o de Monterroso.
O Foz mantén unha diferenza de dous puntos cos postos de arrastre. Depende de si mesmo. Xoga en Castro e en Noia. No medio dos dous recibe na casa ao Ribadeo
Estes dous arrastres poderían evitarse no caso de que dous equipos galegos da Terceira ascendan á Segunda B. Iso polo momento está lonxe. En menos de 15 días acaba a Terceira Galega e despois aínda vén o play off. Polo tanto, confiamos nesa posibilidade. Pero poñémonos no peor caso: non ascende ningún e por mor de dous arrastres, hai seis descensos dende a Terceira á Preferente.
Esa situación nestes intres implica o descenso de Laracha, Porriño e Boiro (xa confirmado) e de Ribadumia, Céltiga e Somozas (con posibilidade de entrar aí Arenteiro, Paiosaco ou incluso o Polvorín ou o Silva). A falta de concretarse todo, tres deses seis descensos (Laracha, Boiro e Somozas), en principio, serían de equipos que caen cara o Grupo I da Preferente. O grupo onde están os lucenses. Isto implica que haxa tres arrastres a maiores dos tres que descenden na Preferente da zona norte. Nesta categoría xa está confirmado o descenso do Castro. E na zona de arrastres é onde colle risco o Foz. O cadro adestrado por Gayol atópase un posto por riba desa teórica zona de arrastres. Dous puntos máis ca o Xallas e o Negreira. Tres máis ca o Ordes. Só ten o gol avergae gañado co equipo de Santa Comba. O calendario componse de visita ao Castro, recibir ao Ribadeo e ir xogar ante un Noia que pode ter o ascenso en xogo.
A SD Becerreá evitou o descenso directo na Segunda Sur. Deberá agardar para confirmar un ano máis a súa permanencia na cateogoría. Foto: SD Becerreá
Pase o que pase, o descenso do Castro provoca un arrastre seguro na Primeira Rexional. Posición que ocupa o Sanci. Está a cinco puntos do seu antecesor con seis en xogo. O seu arrastre provocaría o descenso da Comercial. O conxunto capitalino finalizou na 14ª posición no grupo norte da Segunda Rexional. O posible arrastre do Foz, este si dependente de varios factores, provocaría o arrastre do 15º clasificado na Primeira Rexional. O Chantada Atlético ocupa esa posición. Está a un punto do Pastoricense e do Xove Lago, a catro do Riotorto, a cinco do Friol e a 6 do Pol co gol average a favor. No caso de que o 15º descenda, só habería arrastre na Segunda Rexional sur se quen descende é o Chantada Atlético. En teoría, se esa posición a ocupa outro dos candidatos, produciríase un segundo arrastre no grupo norte. Esta circunstancia fai que non teñan a permanencia asegurada nin a SD Becerreá nin o Cospeito.
Non é a temporada de maior arrastres para o fútbol lucense. Pero varios equipos deben estar pendentes doutros. O que si é seguro é que o 16º clasificado da Primeira Rexional vai descender. Agardaremos acontecementos para ver quen ocupa finalmente esa praza. E se o arrastre se produce no norte ou no sur. O outro posible arrastre na Primeira depende de se o Foz é arrastrado ou non. Polo que a súa vez, o equipo focense estará pendente dos descensos e ascensos que haxa na Terceira Galega. As cartas están botadas e o tapete está preparado. Maio e xuño ditarán sentencia.
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.