#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 7)

Viveiro e Sarriana acadaron os únicos triunfos dos equipos lucenses de Terceira e Preferente, nunha séptima xornada, na que a traxectoria de varios conxuntos comeza a ser preocupante.

O Racing Vilalbés colleitou na tarde do sábado a cuarta derrota consecutiva. O cadro de Xoan Peón amosou unha boa imaxe perante o Bergantiños, líder invicto da categoría, pero non foi suficiente e caeu derrotado por dous tantos a un. Make foi o autor do tanto do Racing.

Tamén caeu, desta vez como local no campo da Reigosa, o Polvorín ante o Boiro (1-2). Pedro López adiantou ao filial do C.D. Lugo, e na segunda metade os pupilos de José Durán puideron sentanciar o encontro. Antón, Rayco e Javi Rey tiveron ocasións para facelo, e cando o partido parecía controlado, o Boiro acadou a remontada xa co tempo cumprido. Os da Barbanza, con xogadores como Óscar “La Magia” Martínez e Changui no campo cambiáronlle o rumbo ao partido.



A Sarriana venceu na Ribela por dous tantos a cero ao Sofán. O cadro adestrado por Alberto López é segundo clasificado a tan só dous puntos do líder. Primeira metade igualada na que os visitantes puideron adiantarse ás beiras do descanso. Logo da reanudación, Quiroga adiantou aos locais logo dun rexeite do porteiro visitante e pouco despois Luisma remata á escadra unha falta lateral. Debutou como titular o gardameta Ayoub e tamén tivo os primeiros minutos Joao.

Terceiro empate consecutivo para un Ribadeo que segue invicto, pero que ve como os equipos cabeceiros comezan a abrir brecha na clasificación. Os mariñáns igualaron sen goles na Ponte dos Brozos ante o Arteixo, nun partido frouxo no que non pasaron apuros malia non poder contar con varios xogadores na retagarda.  Puideron gañar no último minuto logo dun remate de Adrián.



O Viveiro esquezou o comezo dubitativo, e sumou a cuarta victoria consecutiva. Desta vez foi en Cantarrana ante o Agolada con remontada incluida (2-1). Encontro pouco vistoso dos de Chusky, que marcaron os dous goles a balón parado, obra dos centrais Roi e Uriol.

Derrota contundente a sufrida polo Foz na súa visita ao As Pontes, intratable líder da categoría (4-0). Non ofreceu unha mala imaxe o conxunto adestrado por Gayol, pero sucumbiu ante a pegada do cadro pontés.

Segue sen poder coñecelo sabor da victoria o Castro. Caeu en San Lázaro por tres tantos a un, ante o Noia, equipo da zona alta da clasificación. No minuto once, os xogadores dirixido por Brais Prados xa encaixaran dous goles. Na segunda metade, os chairegos competiron moito mellor e recurtaron distancias por medio de Navia.

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 7)

As nosas redes falan

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *